Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo inaugura na súa sede unha mostra desenvolvida en Instagram: #Pasaxeiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo inaugura na súa sede unha mostra desenvolvida en Instagram: #Pasaxeiras

Redacción
Publicado: 27/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pasaxeiras.jpgA Deputación de Lugo inaugurou este luns unha exposición de artistas galegos que achega unha reflexión sobre os anacos da nosa vida que pasamos en movemento, máis polo miúdo viaxando en tren. A mostra, que fornece obras de pintura, audiovisual, literatura e música, tamén ten unha clara vertente dixital. De feito, unha das artistas presentes na colectiva, Aymará Ghiglione, empregou para a súa proposta unha materia prima certamente innovadora: o seu teléfono móbil, retratando durante meses ás viaxeiras e viaxeiros que a acompañaban nos seus percorridos diarios en tren entre Coruña e Santiago. Estas imaxes eran subidas logo á rede social Instagram coa etiqueta #Passengers. Esta foi a orixe, precisamente, da exposición inaugurada hoxe no Pazo de San Marcos de Lugo: #Pasaxeiras. O cotián como unha viaxe irrepetible.
A encargada de abrir oficialmente a mostra foi a deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. Fíxoo xunto aos autores desta exposición Aymará Ghiglione, Marta Paz, Laura Pernás, Roge Fernández, José Lemur e Beatriz Asorey.
pasaxeiras_mostra_apertura.jpg A exhibición conta con 16 fotografías de Aymará Ghiglione acompañadas de 12 cadros realizados pola artista Marta Paz, quen traslada as imaxes dixitais ao lenzo, dándolle unha vida diferente e un novo significado. Asemade, inclúe pezas audiovisuais de José Lemur, Roge Fernández, nas que se transmite a experiencia dunha viaxe en tren, recreando sons e imaxes. Complétase cunha serie de microrrelatos (dos autores Helena Villar, Luz Darriba, Rocío Fraga, Ángela Triana, Pablo Gallo, Kike Ganso, Lucía Aldao, Manolo Barreiro, Mabel Montes, Nieves Neira, Luís Valle, Rubén Panete) inspirados nos protagonistas anónimos das fotos e cunha peza audiovisual de Laura Pernás. Segundo fai saber a Deputación, o deseño expositivo veu da man de Beatriz Asorey. Este deseño, engadiu a entidade, “xoga coa creación de atmosferas que axudan á inmersión e fagan partícipe ao público”.
Como dixemos, #Pasaxeiras. O Cotián como unha viaxe irrepetible é un proxecto colectivo que ten a súa orixe nas fotografías “ferroviarias” tomadas por Aymará Ghiglione na liña Coruña-Santiago, fotos que foron penduradas nas redes sociais facendo medrar a comunidade internacional de fotógrafos e fotógrafas que retratan a vida nos medios de transporte público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?