Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant foi alén dos 18 millóns de euros en vendas de innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant foi alén dos 18 millóns de euros en vendas de innovación

Redacción
Publicado: 27/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Luis Perez Freire, director xeral de Gradiant, e Jorge Munir El Malek Vazquez, director da area de Comunicacións Avanzadas de Gradiant durante a presentación
Luis Perez Freire, director xeral de Gradiant, e Jorge Munir El Malek Vazquez, director da area de Comunicacións Avanzadas de Gradiant durante a presentación
O Centro Tecnolóxico Gradiant presentou hoxe as súas cifras de facturación. Na convocatoria cos medios de prensa, na que tamén se presentou a máis recente tecnoloxía desenvolvida no centro galego, LifeSensor, fíxose fincapé en que Gradiant foi quen de superar os 18 millóns de euros en vendas de innovación a un total de 161 empresas. Máis polo miúdo, acadou en 2016 os 18,6 millóns de euros en vendas de innovación, logo de oito anos de actividade. Desta cantidade xerada, o 55% concentrouse en empresas privadas, con clientes e socios en dúas ducias de países. Na cita de hoxe tamén se fixo saber que en 2016 obtivo unha marca de ingresos procedente do estranxeiro, cun 21% da súa facturación.
Por outra banda, informouse de Estados Unidos e Reino Unido foron os principais mercados internacionais, e de que unha firma especializada en seguridade e saúde do segundo dos devanditos países vén de iniciar os ensaios do Sensor de Vida, LifeSensor, unha das últimas innovacións de Gradiant, que permite previr e evitar o falecemento de persoas en lugares pechados.
Gradiant fixo saber que o proxecto LifeSensor comezou en 2017 a súa fase de probas en celas de custodia policial. En termos máis concretos, posibilita o seguimento do ritmo respiratorio e movemento do paciente “de maneira non invasiva”, optimizando a vixilancia a partir dun sistema radar que detecta a existencia ou ausencia de respiración.
O Centro Tecnolóxico engadiu no acto, no que participaron Luis Pérez Freire (director xeral de Gradiant) e Jorge Munir El Malek Vázquez (director de Comunicacións Avanzadas de Gradiant) que o dispositivo LifeSesor dispón de alarmas en tempo real para avisar de “calquera interrupción significativa” da respiración e coñecer en todo intre o estado dun paciente que teña dificultades para ser controlado con sensores. “O Sensor de Vida”, explicaron, “está especialmente pensado para o control de persoas en situación de vulnerabilidade, como os pacientes de hospitais psiquiátricos e xeriátricos, aínda que tamén permite controlar outros procesos como, por exemplo, a apnea do sono”.
gradiant_grafica_evolucion.jpgTamén engadiron que a tecnoloxía de radiofrecuencia empregada dispón dun alcance de detección de ata seis metros, “mesmo a través de materiais como roupa ou sabas, pero tamén madeira, pedra ou cemento”. Por último, lembraron que ten capacidade para ser carrexado por drons, “ampliándose as súas prestacións cara a outras áreas como a procura e rescate de sobreviventes en catástrofes naturais”.
249 proxectos
Na convocatoria de hoxe informouse tamén de que durante o últimos oito anos, Gradiant desenvolveu 249 proxectos diferentes de I+D+i, converténdose “nun dos principais motores da innovación en Galicia”. Asemade, engadiuse que a tecnoloxía do Centro Tecnolóxico galego é empregada xa en “ámbitos tan diversos como na aplicación móbil de banca en liña dun dos maiores bancos de España” ou no da ciberseguridade, coa recente venda do seu sistema de rastrexabilidade de documentos a Eleven Paths, a unidade de ciberseguridade de Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?