Os operadores de telecomunicacións continúan na súa teima actual de subir prezos nas súas tarifas camuflando o incremento na cota mensual cun incremento do volume de datos móbiles incluídos, e a vindeira tarifa en padecer tal tratamento é tarifa converxente máis económica de Movistar, a popular Fusión Contigo, que subirá uns máis que considerables 5 euros a partires do 18 de abril.
Actualmente a tarifa Fusión Contigo con fibra óptica simétrica de 30 Mbps custa 50 euros mes, mentres que a modalidade con 300 Mbps custa 62 euros/mes, incluíndo cada unha 2 GB de datos no móbil, que pasarán a ser 2 GB ao incrementarse os prezos mensuais a 55 e 67 euros/mes respectivamente.
A tarifa Fusión+, como xa advertimos hai pouco, tamén padece a suba de prezo en 5 euro/mes pasando os seus datos móbiles de 3 a 8 GB, resultando así evidente que Movistar busca ingresar máis cartos por cada cliente incrementando principalmente as cotas nas tarifas máis económicas.
Movistar incrementará en 5 euros as súas tarifas Fusión Contigo
Compartir Este Artigo
