Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ReAcciona e ReAcciona TIC fornecen servizos a máis de 350 empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ReAcciona e ReAcciona TIC fornecen servizos a máis de 350 empresas galegas

Redacción
Publicado: 27/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Presentación dos programas Reacciona e ReaccionaTIC da man do IGAPE e máis de AMTEGA
Presentación dos programas Reacciona e ReaccionaTIC da man do IGAPE e máis de AMTEGA
A axencia AMTEGA e máis o IGAPE veñen de facer reconto do número de empresas que está a tirar partido dos recursos para a dixitalización que fornecen os seus programas ReAcciona e ReAcciona TIC. Trátase, sinalan, de 362 firmas galegas. Segundo engaden os dous organismos da Xunta, a través da participación destas entidades nos devanditos programas, estanse a pór ao seu alcance 420 servizos avanzados a prol do incremento da súa competitividade e produtividade, en ámbitos como o relanzamento comercial ou a xestión financeira, a incorporación de solucións dixitais ou da chamada Industria 4.0.
Polo que atinxe a ReAcciona, impulsado polo IGAPE, aprobáronse 315 solicitudes correspondentes a 295 empresas que apostan por mellorar a súa competitividade mediante servizos de asesoramento para o relanzamento comercial; de mellora da xestión financeira e procura de financiamento; optimización da produción e cadea loxística; ou de posta en marcha dun plan estratéxico de mellora.
Ao abeiro do programa ReAccionaTIC, promovido conxuntamente polo IGAPE e a AMTEGA, aprobáronse ata o de agora 105 servizos correspondentes a 94 empresas. Segundo informan estes dous organismos, entre os servizos máis requiridos polas PEME da nosa terra están os seguintes: os de soporte á implantación de solucións de mercadotecnia dixital, os de mellora da xestión empresarial mediante solucións dixitais innovadoras e os de diagnose para a aplicación de solucións dixitais na empresa, e para localizar capacidades e oportunidades mediante aplicacións de solucións 4.0.
Por actividade de seu, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia informa que a terceira parte das firmas participantes no dito programa adícanse ao fornecemento de servizos a outras empresas, mentres que o 24% facilitan outros servizos, o 19% teñen actividade industrial e o 11% corresponden ao sector da hostalería ou ao comercio polo miúdo. O 63% das empresas beneficiarias teñen menos de 6 empregados, mentres que o 17% teñen entre 6 e 15 traballadores e o 14% teñen entre 16 e 50.
Reacciona TIC, amais do devandito, brinda un catalogo de solucións para impulsar a Industria 4.0 con servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e, en palabras de AMTEGA, “a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución”. A idea de todo isto é que as nosas PEME “poidan acceder ao asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e ás oportunidades ao seu alcance para aplicar solucións de Industria 4.0”.
No ámbito da empresa dixital o Programa Reacciona TIC ofrece servizos de elaboración da diagnose para a aplicación de solucións dixitais na empresa, así como de soporte á implantación de solucións dixitais de mobilidade, de mellora da xestión empresarial ou de mercadotecnia dixital.
AMTEGA e o IGAPE, por último, lembran que o vindeiro 28 de febreiro remata o prazo de presentación de solicitudes para as vixentes convocatorias dos programas ReAcciona e ReAcciona TIC, que irán seguidas doutras convocatorias en datas próximas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?