Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta en MWC tecnoloxías 5G que quintuplican a capacidade das redes previas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta en MWC tecnoloxías 5G que quintuplican a capacidade das redes previas

Redacción
Publicado: 27/02/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

vodafone_5g.jpgFinalmente comeza hoxe, e ata o 2 de marzo, o Mobile World Congress 2017. Na cita da FIRA de Barcelona, referencia mundial para a industria de telecomunicacións (operadoras, fabricantes, distribuidores, fornecedores de servizos e contidos, etc), Vodafone comeza especialmente forte presentando unha serie de novidades importantes. Por unha banda, a incorporación de tecnoloxías 5G á rede súa 4G, novas solucións que reducen a latencia en 5 veces e quintuplican a capacidade das 4G.
Un destes recursos é a tecnoloxía de radio M-MIMO (Massive MIMO), que en virtude de atesourar as devanditas características, terá especial utilidade en situacións de concentración masiva de smartphones, “xa que optimiza a capacidade e velocidade de transmisión de datos para cada usuario de maneira simultánea”. Ademais, engade a operadora, non require do emprego de espectro adicional, xa que optimiza o espectro existente. Por outra banda, sería compatible cos terminais que están no mercado.
Vodafone ten programado achegar estes días dende MWC unha demostración de M-MIMO nunha rede comercial. Esta, explica a compañía, dará capacidade e cobertura a un grupo de usuarios nunha zona específica no exterior do recinto. Na caseta de Vodafone un mapa actualizado exporá as súas velocidades de descarga, así como o rendemento e a eficiencia da cela Massive MIMO.
Outra das tecnoloxías a presentar por Vodafone será CrowdCell, un desenvolvemento destinado a permitir máis eficiencia e sustentabilidade no despregue de redes, ao tempo que máis ubicuidade. Segundo está a explicar a operadora dende MWC, CrowdCell estará dispoñible en dispositivos portátiles de todo tipo, “converténdoos en emisores de rede con software de código aberto e compoñentes de hardware de baixo custo”. Ademais, informa Vodafone, os dispositivos con tecnoloxía CrowdCell poderán ser controlados de xeito automático pola intelixencia de rede da compañía de telecomunicacións, que estará asentando así o alicerce preciso para “estender a capilaridade da rede 4G cara a novos espazos e mellorar así a calidade de servizo, incrementando as velocidades medias de acceso”.
vodafone_crowcell2.jpgPor certo que para ultimar detalles desta tecnoloxía, a empresa de telecomunicacións xa está a desenvolver unha iniciativa piloto con 30 clientes de seu cun router CrowdCell que amplifica a cobertura 4G con velocidades de ata 100 Mbps en descarga. “Así”, explica a operadora, “é posible fornecer servizo ata a 32 usuarios de maneira simultánea”. Este piloto ten previsto amplificarse de cara á súa aplicación a gran escala, e proseguirá con clientes residenciais e PEME, mellorando a cobertura de interiores.
NB-IoT en seis cidades do ámbito estatal
Por outra banda, e a maiores de todo o devandito, Vodafone tamén dá a coñecer na apertura do salón do móbil de Barcelona que a primeira rede comercial de NB-IoT (polas súas siglas en inglés Narrow-Band Internet of Things, traducible por Banda Estreita da Internet das Cousas) do mercado español xa está dispoñible en seis grandes cidades: Barcelona, Bilbao, Sevilla e Málaga, amais de Madrid e Valencia, que xa contaban con esta tecnoloxía desde xaneiro.
Como lembraremos, NB-IoT fornece unha serie de potencialidades importantes no que atinxe á conectividade dos dispositivos situados en zonas de pouca cobertura, baixo terra ou en lugares de difícil acceso. Ademais, pódese utilizar para conectar diferentes categorías de produtos como contadores de gas e de auga, colectores intelixentes, alarmas de incendio, parquímetros e outro tipo de sensores.
Antes do 31 de marzo, Vodafone España contará con máis de 1.000 estacións de rede actualizadas con tecnoloxía NB-IoT. Cada estación base poderá conectar máis de 100.000 dispositivos á Internet das Cousas. A idea da operadora é “situarse como pioneira na introdución dunha tecnoloxía que creará un novo ecosistema de aplicacións e que transformará os sectores de industria, agricultura e servizos das Cidades Intelixentes”.
Máis e mellor rede 4G
Por último, Vodafone España tamén dá a coñecer coa apertura do MWC que continúa actualizando a súa rede 4G. A idea é abranguer ao 96% da poboación o vindeiro 31 de marzo. En concreto, 4.200 municipios (1.200 municipios máis que hai un ano) poderán gozar da banda larga móbil ultrarrápida da operadora. Esta mellora da cobertura contempla todos os municipios de máis de 15.000 habitantes e o 95% de máis de 5.000 habitantes.
Ademais, 600 novos concellos beneficiaranse dos servizos 4G coa frecuencia de 800Mhz que mellora a cobertura especialmente nos interiores dos edificios. Desta forma, a cobertura 4G 800Mhz alcanza 2.600 municipios.
Lembrar tamén que a día de hoxe o 4G+ de Vodafone está dispoñible en 1000 municipios (incluíndo as principais capitais de provincia), con velocidades de ata 350Mbps (que chegarán a 400Mbps durante este ano) en virtude de agregación de tres frecuencias de LTE: 800, 1800 e 2600 Mhz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?