Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As firmas da quinta edición de INCUVI-Emprende locen músculo tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As firmas da quinta edición de INCUVI-Emprende locen músculo tecnolóxico

Redacción
Publicado: 28/02/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_incuvi_emprende_proxectos.jpgOllar quen concorre e quen gaña no certame galego INCUVI-Emprende, convocado pola Universidade de Vigo, é en boa medida ollar o futuro do noso tecido innovador empresarial. Os días pasados, sen ir máis lonxe, a UVigo achegounos unha xanela ao presente de oito dos proxectos seleccionados na quinta edición dos premios, oito iniciativas que foron quen de “chegar o remate do proceso” logo dun ano de incubación nos Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Ou sexa, a pasar de ser propostas emprendedoras impulsadas polo alumnado para converterse en realidades empresariais palpables. Entre estas iniciativas reais e en plena fase de crecemento atópanse algunhas que teñen o obxectivo de marcar un antes e un despois no ámbito TIC galego e estatal. Por exemplo Beleader, MyKeeper ou Awesome Soft. Todas elas presentaron os seus resultados a semana pasada perante os promotores.
Beleader centra a súa actividade en fornecer unha aplicación multiplataforma dispoñible a través da web e de dispositivos móbiles que conecta visitantes con guías turísticos, facendo partícipes dese vínculo a anunciantes e empresas. Os seus responsables deron a coñecer que veñen de constituír a súa empresa con capital propio e de acadar a cualificación de IEBT, prevéndose o lanzamento do seu produto antes de verán.
A nova firma Awesome Soft, pola súa banda, está adicada ao desenvolvemento e comercialización de videoxogos independentes para dispositivos electrónicos. Arestora atópase mergullada na materialización do seu primeiro videoxogo, as e os seus promotores gardan ter un produto mínimo viable para poder saír ao mercado antes de que remate 2017.
Polo que respecta a MyKeeper, da que xa temos falado en Código Cero para salientar a súa participación en Connectig For Good Galicia (iniciativa de Vodafone e AMTEGA para converter a Cidade da Cultura en polo de tecnoloxías sociais), é unha firma directamente encamiñada a facer máis doadas e eficaces as tarefas dos coidadores dos enfermos de alzhéimer ou outras demencias. Raquel Mejuto, de MyKeeper, confirmou no acto que neste intre teñen desenvolvido un prototipo que van someter a probas de validación, cara a un próximo desenvolvemento comercial que lles permita entrar no mercado, “e de xeito paralelo estamos a realizar mostras para facelas chegar a diferentes asociación de doentes de alzhéimer de ámbito estatal, para estender así a nosa promoción e validación”.
uvigo_incuvi_emprende_publico.jpg Entre os oito devanditas iniciativas atópanse tamén MycoGalicia (proxecto de valorización, formación, divulgación e investigación sobre fungos e cogomelos nos montes e bosques), Brigantia (adicada ao asesoramento e concienciación nas problemáticas sociais do século XXI a través de programas e servizos para diversos colectivos), Lag (que centra a súa actividade no deseño e serigrafía de produtos abordando os problemas sociais desde a ironía e o humor), Blue Lion (que mestura moda e lecer e desenvolve coleccións de produtos téxtiles) e Looptronic (centrada na oferta de dispositivos destinados á mellorara eficiencia enerxética de máquinas e habitacións de hoteis).
Das oito iniciativas, Brigantia, Lag, Be.leader e Mycogalicia, confirmaron a súa candidatura á convocatoria INCUVI-Avanza, que se resolverá nas vindeiras semanas e que lles permitirá a dúas delas continuar o seu proceso de maduración. Nun caso no parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán, e noutro, no CITI en Ourense.
No acto de presentación de resultados dos proxectos ante os representantes dalgúns dos case vinte patrocinadores e colaboradores na 5ª edición dos premios da UVigo, a vicerreitora de Estudantes, Dolores González, agradeceu a participación de todos eles nesta iniciativa da Universidade, “non poderíamos seguir adiante sen vós”, asegurou, mentres que o director da Área de Emprego e Emprendemento, Alejandro Martínez, salientou a presenza no acto das e dos responsables dos proxectos que concorrerán á 6ª edición do concurso, aos que animou a traballar como o fixeron os seus antecesores.
A mediados do vindeiro mes de marzo coñeceranse ás e aos novos inquilinos dos espazos de incubación da 6ª edición dos premios, así como as dúas iniciativas gañadoras dos INCUVI-Avanza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?