Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME acada unha excelente acollida no salón Franquiatlántico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME acada unha excelente acollida no salón Franquiatlántico

Redacción
Publicado: 28/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

franquiatlantico3.jpgOs días pasados celebrouse a XVII edición do salón Franquiatlántico Franquicias & Negocios no Porto de Vigo e alí tamén tivo o seu stand o programa SmartPEME da Deputación de Pontevedra. Polo emprazamento da institución que preside Carmela Silva pasaron finalmente centos de persoas, interesas na actividade de SmartPEME no seu potencial formativo para empresas, profesionais e autónomos da provincia: trátase de asesoralos e axudalos (con cursos, obradoiros, titorías, seguimento, etc) a subirse ao carro das novas tecnoloxías da información para impulsar a súa actividade e os seus proxectos de mercado. En palabras da entidade provincial, SmartPEME tivo no devandito salón “unha excelente acollida”.
Segundo engade a Deputación, alén das visitas informativas, varias ducias de asistentes solicitaron neste evento datos sobre a formación especializada que ofrece SmartPEME, algúns deles coa idea de comezar axiña varios dos cursos e outras unha vez que inicien os seus propios negocios. “Ademais, dúas entidades solicitaron información sobre a posibilidade de que o seu persoal ou persoas asociadas puidera recibir cursos no marco do programa”, explica a entidade provincial.
Os técnicos da Deputación explicaron no stand de seu que os cursos de formación que organiza a Deputación de Pontevedra son de balde e abordan temas como a realización de anuncios na rede social Facebook, a elaboración dunha estratexia dixital que emprega o correo electrónico como ferramenta de mercadotecnia destacada, a utilización de Google Apps, a avaliación de Twitter como rede social de transmisión de noticias empresariais ou a difusión de contidos a través de plataformas de contidos audiovisuais como Instagram, YouTube ou Periscope.
Ademais, o persoal técnico de SmartPEME lembrou que dende o programa fornécense tarefas de asesoramento e titorías, co fin de facilitar a incorporación das novas tecnoloxías tanto para as persoas como para as empresas participantes.
En total, Franquiatlántico acolleu este venres máis de medio cento de empresas, que representaban máis de 200 marcas. Estas entidades acudiron coa idea de achegar todo tipo de información ás persoas interesadas no emprendemento e en iniciar o seu propio negocio baixo o modelo da franquía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?