Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole informará ás firmas locais sobre as súas vindeiras obrigas en materia de protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole informará ás firmas locais sobre as súas vindeiras obrigas en materia de protección de datos

Redacción
Publicado: 01/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

seguridade-4.jpgA Tecnópole de Ourense (Parque Tecnolóxico de Galicia) quere informar ás empresas que acubilla sobre o novo regulamento relativo á protección de datos da Unión Europea, unha normativa aplicable a partir de maio de 2018 para todas as as organizacións que traten con información, achegándolles novas obrigas e un compromiso máis activo na salvagarda da privacidade allea. Para favorecer nas empresas locais un meirande coñecemento destes cambios no regulamento a Tecnópole centrará o seu vindeiro almorzo tecnolóxico, previsto para o 15 de marzo, na devandita cuestión. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, “co obxectivo de que intercambien coñecemento e tamén oportunidades de negocio”.
O almorzo organizado por Tecnópole, que terá lugar entre as 9.30 e as 10.30 horas na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole, está aberto á inscrición. Baixo o título Os retos do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea, Álvaro Gómez Vieites, consultor asociado de Inprosec e profesor de IESIDE, presentará os aspectos máis relevantes e as principais repercusións que ten para a contorna empresarial a nova normativa europea.
Segundo lembra a Tecnópole, o regulamento foi aprobado a mediados do ano pasado para actualizar a normativa vixente desde 1995 e axeitala así “aos retos que implican as novas tecnoloxías”. As empresas teñen de prazo ata maio de 2018 para adaptar os seus procedementos á nova norma, que incrementa o control sobre a seguridade dos datos.
Entre outras novidades, engaden os organizadores do almorzo, o regulamento introduce a figura do delegado de protección de datos, “obrigatorio en entidades públicas e empresas de máis de 250 empregados”, pero tamén nas PEME “cuxa actividade implique o tratamento de datos sensibles” Ademais, explican, endurécense as sancións en caso de incumprimento, que poden chegar ao 4% da facturación ou os 20 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?