Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea brinda o seu apoio a María Pita DefCon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea brinda o seu apoio a María Pita DefCon

Redacción
Publicado: 01/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mariapitadefcon_web.jpgA empresa TIC Balidea vén de informar do seu apoio (concorrendo como colaboradora bronce) ao evento María Pita DefCon, con toda probabilidade a xuntanza TIC máis relevante da presente tempada na nosa terra. Segundo lembra Balidea, o encontro está centrado na seguridade informática e a visualización da muller no devandito ámbito, e terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña do 6 ao 12 de marzo de 2017. “Nel”, engade a compañía TIC de Santiago, “daranse cita os mellores relatores do mundo da seguridade informática tanto a nivel local como nacional”.
Organizadores, colaboradores e patrocinadores calculan que María Pita DefCon sexa quen de atraer a máis 500 visitantes, abranguendo unha manchea de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo de toda unha semana
Entre os relatores confirmados atópanse Pedro Sánchez Cordero (Deloitte CyberSOC), Pablo González e Yaiza Rubio (ambos de ElevenPaths), Miriam Martínez (investigadora e docente da UAH), Luis Jurado (Perseus & RC Abogados), Alfonso Muñoz (Criptored), Miguel Hernández (i4s), Lilian Adkinson e Pablo Dago (ambos do Centro Tecnolóxico Gradiant), Lorenzo Martínez (Securízame), Víctor Salgado (Pintos & Salgado Abogados), David Marugán (Acuntia), José Mato (Mobgen Accenture Digital), Kenneth Peiruza (PUE), Pablo Mariño (FIC), Alberto Maroto (FIC), Enrique Andrade (FIC), David Méndez (FIC), Diego Hermida (FIC), Francisco Nóvoa (Grupo Academia Postal), Uxío Fuentefría (Vippter), Pilar Vila (Forensic & Security), Jacobo Rodríguez (Mobgen) e Fernando Villar (formador TIC).
Detrás deste evento, na organización, atópase un grupo de seareiros do hacking ético: David Albela, Uxío Fuentefría Oróns, Juan José González Cid, Raúl Oróns, Alejo Pacín Jul, Jesús Pérez Rubio, Raúl Fernando Rodríguez Rubio, Daniel Somoza, Fernando Suárez Lorenzo, José Manuel Vázquez Naya e María Pilar Vila Avendaño. Ademais o equipo impulsor deste importante evento compleméntase coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Rnasa Imedir, así como de múltiples entidades (públicas e privadas) do mundo TIC.
A cita desenvolverase entre o 6 e o 12 de marzo de 2017. O obxectivo, en palabras dos seus responsables, é dar forma ao “evento máis importante a nivel galego sobre seguridade informática e reivindicación da muller no plano tecnolóxico”. O programa artellarase nun cumprido feixe de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo de toda unha semana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?