Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os supercomputadores do CESGA axudan á optimización no diagnóstico da síndrome de ollo seco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os supercomputadores do CESGA axudan á optimización no diagnóstico da síndrome de ollo seco

Redacción
Publicado: 01/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ollo_seco.jpgDe novo temos que falar de tecnoloxías e investigación galegas que serven para mellorar a nosa calidade de vida. Neste caso concreto que imos abordar, referímonos á calidade de vida das persoas que sofren o chamado síndrome do ollo seco, unha doenza que afecta en España a arredor de cinco millóns de persoas, producíndolles problemas visuais e inestabilidade da película lacrimal, amais de danos potenciais na superficie do ollo. Na investigación para optimizar os diagnósticos en referencia a esta doenza, causada pola falta de produción de bágoas (ou por bágoas que se evaporan axiña, antes de tempo), está a colaborar o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) a través dos seus supercomputadores. Á fronte destes traballos está un equipo da Universidade de Coruña liderado por Jorge González Domínguez.
Os investigadores da UDC desenvolveron un método para acelerar a produción de mapas de película lacrimal en clústeres de memoria distribuída. Segundo explicaron no seu día, esta nova abordaxe modifica o algoritmo orixinal de representación de mapas de película lacrimal mediante a utilización dunha Interface de Pase de Mensaxes, polas súas siglas en inglés MPI, un sistema de pase de información estandarizado e carrexable deseñado para operar en múltiples arquitecturas paralelas de cómputo.
O devandito método probouse xa en 32 nodos do supercomputador masivamente paralelo instalado en CESGA, Finisterrae II.
Os resultados veñen de ver a luz estes días, publicados no número de febreiro da referencial revista Computer Methods and Programs in Biomedicine, que recolle este traballo realizado por Jorge González Domínguez e María José Martín, ambos os dous membros do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (GAC-UDC), xunto con Beatriz Remeseiro do Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência en Porto (INESC TEC).
Segundo nos contan dende o CESGA, os resultados amosan que o tempo de execución destes mapas redúcese grazas aos achados dos ditos investigadores “de xeito drástico”, pasando dos “case dous minutos utilizando a anterior abordaxe multifío a menos de dez segundos tirando partido do novo método”. Esta redución en tempos de execución, engaden os investigadores, “pode lograr que o uso de mapas de película lacrimal se estenda entre especialistas médicos e se contribúa desta maneira ao diagnóstico da síndrome de ollo seco”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?