Rematou a convocatoria aberta pola Rafa Nadal Academy by Movistar e Telefónica Open Future destinada a procurar proxectos aplicables á academia e os organizadores da iniciativa xa teñen unha cifra de propostas presentadas: un total de 162, procedentes de Asia, Europa, Norteamérica, Latinoamérica e Oceanía. Por países, España liderou en número de inscritos cun 47,5% seguida de Colombia, Perú, Brasil e Venezuela. Entre as solucións presentadas salientan as aplicacións de realidade virtual, as que teñen a súa base na información masiva (Big Data) para mellorar o rendemento de xogadores, ou as que permiten preparar sesións de adestramento por medio de intelixencia artificial.
Tamén son abondosas as plataformas de adestramento físico, táctico e mental; ferramentas que teñen en conta a información do estado físico do deportista para previr lesións, así como plataforma de ensino a distancia.
A mediados de marzo daranse a coñecer os nomes dos finalistas desta convocatoria global, unha iniciativa de Movistar e Telefónica Open Future para procurar proxectos tecnolóxicos innovadores a través dun complexo residencial en Mallorca con tutela e formación de vangarda (arredor da innovación e o deporte) e con capacidade para 140 estudantes.
Os finalistas terán a oportunidade de defender as súas iniciativas nunha xornada privada co tenista Rafa Nadal para a devandita academia en Manacor. Ademais disto, as firmas que resulten elixidas poderán recibir investimento de ata 140.000 euros en servizos de aceleración (formación en emprendemento, asesoramento, espazo de traballo, etc) en calquera das academias Wayra de Telefónica Open Future (Alemaña, Arxentina, Brasil, Colombia, Chile, España, México, Perú, Reino Unido ou Venezuela).
Arestora, a iniciativa atópase xa en pleno proceso de escolma das start-ups finalistas.
A convocatoria da academia de Rafa Nadal e Movistar recibiu 162 proxectos
Compartir Este Artigo

