Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA recoñece como aula de referencia o espazo CeMIT da Deputación de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA recoñece como aula de referencia o espazo CeMIT da Deputación de Pontevedra

Redacción
Publicado: 02/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_cemit.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de declarar “aula de referencia” a aula CeMIT da Deputación de Pontevedra. Esta designación, en palabras da entidade provincial, é “un recoñecemento á o traballo desenvolvido nestes últimos anos nas instalacións deste espazo formativo e de divulgación arredor das novas tecnoloxías da información. Segundo lembra a Deputación, a axencia AMTEGA considera “aulas de referencia” aquelas nas que o nivel de actividade, no ano inmediatamente anterior, en actuacións de alfabetización e/ou inclusión dixital sexa igual ou superior a un 50% respecto do total da actividade desenvolvida no dito espazo formativo.
Tamén son consideradas como tales aqueles espazos de formación nos que o nivel de actividade (no ano previo) en materia de accións de alfabetización e/ou inclusión dixital estea comprendido entre o 10% e o 50% respecto do total da actividade desenvolvida na dita aula, sempre que o número de usuarios da aula represente unha porcentaxe superior a un 2 % sobre a poboación total do concello respectivo.
As aulas de referencia, engade a Deputación, contarán con axuda adicional para establecer un programa anual específico de actuacións destinadas á inclusión dixital que impulse a participación dos axentes sociais e empresariais do concello onde ten a sede e que fomente a participación dos seus habitantes como voluntariados dixitais no Plan de Inclusión Dixital de Galicia.
En concreto para 2017 a Aula CeMIT da Deputación deberá dar resposta ás necesidades identificadas nos ámbitos de alfabetización e capacitación, en particular actividades para dotar a poboación de coñecementos e capacidades dixitais. Así mesmo, desenvolverá actuacións que permitan impulsar e fomentar a participación e colaboración de ONG, asociacións empresariais, entidade de voluntariado, etc, no desenvolvemento de actividades de inclusión dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?