Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago premia o seminario de robótica do IES A Cachada de Boiro, StarCach
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago premia o seminario de robótica do IES A Cachada de Boiro, StarCach

Redacción
Publicado: 03/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_educacompostela_premios.jpgO Concello de Santiago entregou este xoves os premios da IX edición do certame Educacompostela, unha iniciativa coa que se quixeron recoñecer os traballos das nosas comunidades educativas a prol dunha educación máis innovadora, igualitaria e integradora. O xurado salientou “a alta calidade de todos os traballos presentados, así como as diferentes temáticas que se propuxeron”. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, destacou “a alta participación” nesta edición e felicitou non só ás persoas premiadas, senón tamén a todos e todas as participantes. O primeiro premio foi para unha iniciativa de marcado compoñente TIC: unha proposta innovadora achegada polo IES A Cachada de Boiro que salientou polos referentes tecnolóxicos que asenta. Trátase de StarCach.
O xurado valorou positivamente StarCach “pola temática que trata e pola diversidade de recursos educativos que propón”, amais de pola solidez e polo grao de implicación do alumnado no seu desenvolvemento. Tamén se tiveron moi en conta os recursos que pon en xogo para loitar conta fenda de xénero no contexto dixital. O xurado destacou tamén “as respostas que ofrece o material para promover o uso e difusión da lingua galega a través dos videoxogos, a robótica e os medios audiovisuais, así como a utilización das redes sociais con fins creativos”.
Como lembraremos, StarCach é o seminario transversal de audiovisual e robótica desenvolvido e coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Cachada, no que traballan profesores de varios departamentos e medio centenar de alumnos.
Pola súa banda, o traballo Ser docente a través da arte, presentado polo colectivo E.S.G.A.Z.A.D.O.S, levou o segundo premio do certame. Os gañadores e gañadoras son Vicente Blanco Mosquera, Salvador Cidrás Robles e Rocío Modia Vázquez. Este proxecto foi destacado polos membros do xurado “pola súa orixinalidade, polo esforzo por crear pontes entre a práctica docente e a creación artística e polo convite que propón ao pensamento crítico”.
Finalmente, o terceiro premio recaeu sobre o traballo titulado Dimenome, presentado por Silvia López Gómez. Neste caso, o xurado quixo enxalzar o “coidado deseño do material, que ademais se presenta dende unha perspectiva pedagóxica”. A proposta, engadiuse, “achega numerosas posibilidades de traballar en diversos contextos e públicos diversos, así como o seu carácter manipulativo”.
A mención especial foi para o traballo Vivenciando a Idade Media. Unha viaxe dende os xéneros dialogados medievais á regueifa, presentado por Tania Vázquez García. Este traballo foi destacado “pola orixinalidade e innovación á hora de tratar a Idade Media na etapa de Bacharelato da materia de Lingua e Literatura Galega”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?