Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A app de Abanca é líder estatal en opinión media de usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A app de Abanca é líder estatal en opinión media de usuarios

Redacción
Publicado: 06/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abanca_mobil-2.jpgAbanca vén de informar dos bos resultados obtidos pola súa aplicación móbil en materia de valoración de clientes-usuarios. Estas valoracións positivas foron extraídas, por unha banda, da páxina oficia de descargas para terminais con Android, a tenda Google Play. Nesta páxina, sinala Abanca, rexistráronse máis de 21.000 valoracións da app da entidade financeira galega, un volume de cualificacións que fornece unha media de 4,4 nunha escala de cinco puntos posibles (ademais, a gran maioría dos internautas que achegaron a súa opinión sobre a ferramenta concedéronlle polo menos catro estrelas). Por outra banda, os bos resultados tamén son aplicables á tenda App Store (a relativa a produtos para iOS). Neste caso, máis de 1.100 usuarios puntuaron a banca móbil cunha media de catro estrelas nunha escala de cinco.
Segundo conclúen fontes de Abanca, os devanditos datos non fan máis que confirmar que os usuarios das aplicacións para smartphones das entidades financeiras estatais colocan á banca móbil de Abanca “como o servizo líder do sector”. De feito, engádese, “a información pon de manifesto que ningunha entidade supera á galega en puntuación media”.
O mérito aínda é máis significativo para a nosa terra se temos en conta que a ferramenta foi desenvolvida de maneira íntegra en Galicia. Trátase, para quen non o saiba, dunha app de balde que permite aos clientes da entidade realizar múltiples operacións en calquera lugar e a calquera hora.
Entre as cousas da aplicación que están a ser máis positivamente cualificadas figuran os desenvolvementos integrados e postos en marcha nos últimos meses (creación e xestión de cartóns virtuais, o acceso e apagado de cartóns, o cambio de PIN, o acceso con pegada en terminais Android ou o adiamento de compras con cartón do servizo Applázame), unhas melloras que “pularon un medre do 35% en materia de uso, ata chegar aos 600.000 usuarios únicos en banca electrónica”. Segundo informa Abanca, o pasado mes de febreiro rexistráronse máis de 7,5 millóns de conexións e realizáronse máis de 40 millóns de consultas ou operacións a través da devandita canle tecnolóxica.
A día de hoxe, para facernos unha idea da implicación da app, un de cada catro clientes da entidade é usuario cotián da aplicación, boa parte deles “consultando ou realizando operacións cada día”. O obxectivo da banca galega, neste senso, é que ao final de 2017 máis da metade dos usuarios activos particulares tiren proveito deste recurso móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?