Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea xa forma parte do Clúster TEIC de Euskadi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea xa forma parte do Clúster TEIC de Euskadi

Redacción
Publicado: 06/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_gaia_euskadi.jpgA empresa galega Balidea vén de comunicar a súa integración en GAIA, a Asociación de Industrias das Tecnoloxías Electrónicas e da Información de Euskadi. Máis polo miúdo, a firma con sede principal en Santiago, centrada no desenvolvemento avanzado de recursos TIC, formará parte do comité de traballo de Sistemas da Información de GAIA, e farao a través da súa sede de Bilbao. A finalidade será impulsar o traballo cooperativo entre empresas e pór en marcha, conxuntamente, proxectos de innovación ou estratexias de chegada a novos mercados.
Balidea, ao abeiro da actividade xerada polo Clúster TEIC de Euskadi, xa formou parte activa da presentación do Plan Estratéxico GAIA 2017-2020. Este roteiro, informa a compañía de Santiago, abrangue medidas concretas para os tres sectores comprendidos en GAIA, electrónica, informática e telecomunicacións, e videoxogos. Así mesmo, o plan contén a actuación de GAIA como “organización facilitadora”, definindo os seus desafíos e liñas de evolución. Estes desafíos son tres fundamentalmente: a especialización intelixente, multiplicar a dimensión e a internacionalización. Para estas tres áreas a plataforma fixa obxectivos concretos como un aumento do 20% en I+D, do 25% en creación de emprego, do 30% en facturación ou do 35% nas exportacións.
“Coa nosa presenza no Clúster TEIC do País Vasco”, sinala Balidea, “reforzamos a nosa aposta pola evolución tecnolóxica e o desenvolvemento de coñecemento nas novas tecnoloxías en Euskadi”.
GAIA, a un nivel máis concreto, é a Asociación de Industrias das Tecnoloxías Electrónicas e da Información do País Vasco, entidade sen ánimo de lucro, de carácter privado e profesional, creada en 1983, composta na actualidade por máis de 240 empresas que ofrecen produtos e servizos no ámbito electrónico, informático e das telecomunicacións. A súa misión é impulsar o medre do sector, que xera o 5% do PIB vasco e máis de 11.000 empregos directos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?