Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Renóvase o portal das aplicacións da Xunta, que chega xa ás 25
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Renóvase o portal das aplicacións da Xunta, que chega xa ás 25

Redacción
Publicado: 06/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apps_xunta.jpgO Goberno galego informou esta pasada fin de semana de que xa conta no seu haber con 25 aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía, e que estas ferramentas, dende a súa posta en marcha, deixan ás súas costas un ronsel de 483.000 descargas. Ao mesmo tempo, a Xunta recordou estes días que que as páxinas de acceso aos seus servizos de mobilidade accesible vén de ser renovado, trátase do portal www.xunta.gal/aplicacions-mobiles. Neste espazo enliña podemos atopar as apps artelladas en dez categorías. O portal tamén permite facer procuras por temas e polos sistemas operativos nos que aquelas estean habilitadas.
O catálogo de aplicacións da Xunta abrangue dez categorías: Administración pública (DOG, Plataforma Contratos, escAPP e CDTIC): Consumo e comercio (Non piques-non peques, Mercados e Prazas de Galicia, IGC, Galicia Calidade); Cultura e ocio (Axenda Cultural, Museo Centro Gaiás); Emprego (Mobem), Ensino e formación (abalaMobil); Lingua (Tradutor Gaio); Meteoroloxía (MeteoGalicia, MeteoRoute, MeteoSix); Mocidade (Carné Xove) Natureza e Turismo (Turismo de Galicia; Camiño de Santiago; Bono Iacobus, Galicia Birding, Sendegal, Parques Naturais, Enoturismo, Botafumeiro R.V).
Segundo informa o Goberno galego, as aplicacións que rexistran un volume máis elevado de descargas son MeteoGalicia, para a predición meteorolóxica; abalarMobil, para o seguimento de pais e nais da actividade educativa dos seus fillos; Mobem para demandantes de emprego; MeteoSIX, que ofrece a predición meteorolóxica xeorreferenciada; e Sendegal, que permite coñecer rutas homologadas de sendeirismo en Galicia.
A medida de xuntalas nun único portal co fin de facilitar o seu achegamento á cidadanía remóntase a 2013, cando o Consello da Xunta acordou que a publicación das súas ferramentas móbiles para Android e iOS se levase a cabo baixo epígrafe único de “Xunta de Galicia”. Logo disto, creouse o devandito espazo web específico. Este portal vén de ser actualizado esta mesma semana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?