Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña presenta nova web de Seguridade Cidadá
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña presenta nova web de Seguridade Cidadá

Redacción
Publicado: 07/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xulio_ferreiro_presentacion_web.jpgCoruña ten nova páxina web de Seguridade Cidadá, un sitio en liña dirixido a acrecentar e amplificar a comunicación coa cidadanía en materia de servizos de protección e atención (a propia área municipal de Seguridade Cidadá, Bombeiros, Policía Local e Protección Civil). A nova web foi dada a coñecer polo alcalde Xulio Ferreiro, que salientou que partilla o mesmo principio que todas as iniciativas dixitais do actual Goberno local, o principio de transparencia. Nun plano máis concreto, recordou que a canle acabada de presentar é un complemento do Portal Municipal de Transparencia, en activo desde principios deste ano.
O alcalde, que estivo acompañado durante a presentación do coordinador de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán, explicou que a nova web é unha “páxina viva”, que se irá modificando no día a día e ampliando para ser “unha ferramenta útil á cidadanía”, onde de maneira progresiva iranse introducindo novos datos ás distintas seccións, como son os apartados específicos dos servizos de Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil. Segundo fixo saber, con esta nova páxina “tensouse abrir unha nova porta á comunicación e a participación, que sexa máis cómoda, máis rápida e máis sinxela, para que a veciñanza poida acceder aos servizos que presta o Concello con máis facilidade”.
Nun plano máis concreto, sinalou que a través das súas seccións, a nova páxina municipal fornece, “de maneira sistematizada”, información sobre trámites, programas, novas sobre a actividade, avisos ou documentación, como as memorias de xestión de cada un destes ámbitos, ademais da organización interna dos servizos e os teléfonos e información de contacto.
Ademais, Ferreiro e García Touriñán sinalaron que “cada sección conta con apartados específicos como é, no caso da Policía Local, o das campañas que esta desenvolve, de xeito individual ou en colaboración con distintos organismos”. Cada sección, engadiron, “inclúe todos os datos das mesmas, para que sexan realmente accesibles, xa que ese é o obxectivo, que a cidadanía poida coñecer todo o traballo, para mellorar a seguridade viaria”.
Amais do devandito, explicaron que a páxina incorpora información sobre diversos programas innovadores, como o programa PIPE, de Identificación Policial Eficaz, ou o programa Axente Titor, que se realiza en coordinación coas comunidades educativas e que esta especializado na promoción do respecto polos dereitos da nenez, e centrado nos ámbito da protección do menor e en concreto ámbito escolar.
De igual xeito, a páxina inclúe unha sección de obxectos perdidos, “unha sección moi demandada pola cidadanía”, segundo advertiu García Touriñán, e na que se dará conta das pertenzas depositadas na Policía Local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?