Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede de aulas CeMIT contribuirá á innovación social dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede de aulas CeMIT contribuirá á innovación social dixital

Redacción
Publicado: 07/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170307_cemit-innova_01.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) Alfredo García, presentaron esta mañá en Santiago a terceira convocatoria do Programa CeMIT-Innova, iniciativa enmarcada no Plan de Inclusión Dixital de Galicia que impulsa proxectos colaborativos de base tecnolóxica a través da rede de aulas CeMIT para superar desafíos sociais da súa contorna local.
Na presentación desta terceira edición de CeMIT-Innova participaron un cento de persoas de concellos, empresas TIC e non TIC, entidades de acción social, asociacións culturais e aulas pertencentes a Rede CeMIT.
20170307_cemit-innova_02.jpgMar Pereira destacou o papel da Rede CeMIT como unha das ferramentas esenciais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, en cuxo desenvolvemento a AMTEGA conta coa colaboración da FEGAMP xunto con colexios profesionais, universidades, empresas, entidades do terceiro sector e voluntarios e voluntarias dixitais.
Pereira lembrou que a rede CeMIT leva impartidas desde 2011, ano no que se puxo en marcha, máis de 237.700 horas de formación en TIC en diferentes niveis. Actualmente, conta con máis de 64.600 usuarios rexistrados e este ano o obxectivo é superar os 65.000 usuarios, impartir máis de 35.000 horas de formación e organizar 2.500 actividades.
A directora da AMTEGA agradeceu o traballo e a implicación das 18 aulas que participaron nas dúas anteriores edicións de CeMIT-Innova e que desenvolveron propostas innovadoras para a mellora da empregabilidade e a inclusión social da cidadanía e dentro dela, de colectivos en risco de exclusión, o envellecemento activo, a promoción económica, a mellora do acceso a coñecementos tecnolóxicos e a participación cidadá.
A novidade deste ano é a convocatoria do I Concurso de Innovación Social Dixital: Premio Son Dixital que recoñecerá a orixinalidade e carácter innovador e creativo do proxecto de innovación social dixital presentado, así como o número e calidade de resultados tanxibles. O premiado coñeceranse a finais de ano nun acto de presentación de resultados das iniciativas desenvolvidas.
A xornada completouse coa participación de Juan Freire, experto en Innovación cidadá e cultura dixital, co-fundador de varias empresas e actualmente, colaborador activo en varios proxectos empresariais, relacionados coa aprendizaxe o emprendemento, a tecnoloxía e o pensamento crítico e creativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?