Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EmpregaTIC mellorou as posibilidades de inserción laboral de 15 mozas e mozos de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EmpregaTIC mellorou as posibilidades de inserción laboral de 15 mozas e mozos de Lugo

Redacción
Publicado: 08/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_lugo_empregatic.jpgO Concello de Lugo vén de facer reconto do xerado a través do obradoiro municipal EmpregaTIC, unha actividade cuxa presente edición arrincou en setembro co obxectivo de achegar aos desempregados locais medio ano de formación especializada no eido das novas tecnoloxías da información. Segundo fixo saber a concelleira de Economía e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o obradoiro cumpriu “un obxectivo duplo”, por unha banda mellorar as posibilidades de inserción laboral dos 15 mozos e mozas participantes nun xacemento de emprego como son as TIC, “sector que no 2013 deu traballo a preto de 1,6 millóns de persoas en España de forma directa e indirecta”, e, por outra, poñer en valor o patrimonio documental, natural e histórico de Lugo.
O balance de EmpregaTIC, artellado nas especializades de xestión de mercadotecnia e desenvolvemento de produtos multimedia interactivos, levouse a cabo en presenza do alumnado participante. Segundo lembrou a edil, a actividade comezou o pasado 29 de setembro no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI-Nodus) e estivo financiado pola Xunta de Galicia.
“Grazas a el”, sinalou Prieto, “púxose en valor e difundiuse o patrimonio documental e histórico do municipio, dixitalizado e recuperado por obradoiros anteriores como Urbs Lucus, Arqueo Lucus ou A Memoria da Cidade”.
Para acadar o devandito obxectivo de posta en valor do patrimonio, as dúas devanditas especialidades do obradoiro traballaron de xeito conxunto para desenvolver contido e material gráfico. Máis polo miúdo, a especialidade de mercadotecnia centrou os seus esforzos na análise de datos e a investigación sobre o uso das ferramentas de comunicación social, “para chegar ao seu público obxectivo”. Así, os participantes neste módulo desenvolveron estudos da competencia e do mercado para completar un plan de mercadotecnia online e offline con propostas de promoción do traballo realizado. “Para lograr todo isto”, dixo a edil, “empregáronse fontes de información primarias e secundarias, e ferramentas de seguimento que permitiron levar a cabo unha análise cuantitativa e cualitativa das conversas en redes sociais por parte dos concellos cos seus cidadáns”. Polo que respecta á outra especialidade, a de desenvolvemento de produtos multimedia interactivos, focalizou os seus esforzos na elaboración dunha aplicación web con planos e imaxes dos séculos XVIII, XIX e XX. A app será accesible, unha vez que remate o obradoiro, a través da web municipal.
A maiores de todo o devandito, os participantes no obradoiro organizaron un evento que o Concello cualificou de “pioneiro na cidade de Lugo”. Este evento, sinalou o Goberno local, servirá para expoñer todo o traballo de dixitalización dos obradoiros ata a actualidade, consistindo nun congreso previsto para o 11 de marzo. Será “o broche de ouro destes meses de traballo”, en palabras do Concello, que salientou a importancia de teren adquirido os rapaces “coñecementos de organización de eventos, protocolo, redes sociais, mercadotecnia de contidos, xestión de CMS, plans de comunicación e medios, coñecementos de SEO e mercadotecnia dixital, así como elaboración de contidos de publicidade e de promoción”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?