Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza na UVigo a nova edición do foro de emprego con empresas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza na UVigo a nova edición do foro de emprego con empresas TIC

Redacción
Publicado: 09/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_foro_tecnoloxico_emprego_2017.jpgOnte botaba a andar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía a XVII edición do Foro Tecnolóxico do Emprego, un encontro entre empresas e alumnado das tres escolas de Enxeñaría do campus de Vigo (Industrial, Minas e Enerxía, e Telecomunicación) que se estenderá do 8 ao 10 de marzo. Emporiso, ao longo dos tres días que durará esta cita, os participantes aproveitarán para entregar currículos, asistir a conferencias e obradoiros, intercambiar opinións sobre oportunidades profesionais e establecer contactos de cara a introducirse no mercado laboral.
A inauguración do foro estivo presidida polo reitor da Universidade, Salustiano Mato, pola directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Natalia Caparrini; polo director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, e polo subdirector da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pardo, amais dun grupo de preto de cen alumnas e alumnos capitaneados por Olalla Sánchez, estudante da EE de Telecomunicación.
uvigo_foro_tecnoloxico_emprego_2017_apertura.jpgEn canto ás empresas participantes, son 26 as que se amosan interesadas en acoller aos estudantes recén saídos das devanditas Enxeñarías, entre elas salientan: Microsoft, R, Repsol, BorgWarner, Aluminios Cortizo, Balidea, Imatia, Deloitte, Schindler, Zemsanis, DQbito Ing. Biomédica…, así como os colexios oficias, as principais asociacións sectoriais e centros tecnolóxicos como Gradiant.
Cómpre engadir que o programa de conferencias deste Foro Tecnolóxico do Emprego comezaba xa o martes 7 de marzo, coa intervención de diferentes profesionais no salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial, un programa de charlas que se estenderá (en diferentes espazos das tres escolas) ata mañá (venres 10 marzo) ao mediodía, cando está previsto o peche do encontro. A temática destas charlas vai dende a ciberseguridade ata os nichos de emprego para as diferentes ramas de enxeñaría ou o Big Data, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?