Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae imparte a formación para obtermos a certificación de testers áxiles en ISTQB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae imparte a formación para obtermos a certificación de testers áxiles en ISTQB

Redacción
Publicado: 09/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

probador_avaliador_tester_software.jpgVitae Consultores quere axudarnos, este mes de abril, a avanzar no camiño de converternos en testers expertos no ámbito TI, ou sexa, no vieiro de subir novos chanzos como probadores e avaliadores de ferramentas e servizos informáticos en fase de desenvolvemento (co obxectivo de optimizalos, procurar posibles eivas ou erros e corrixilos con vistas á versión definitiva). Deste xeito, unha vez impartida a formación en Fundamentos de Testing, Vitae propón para o vindeiro mes a posibilidade de conseguirmos a Certificación Agile Tester Foundation ISTQB. Trátase, en palabras da consultora-formadora galega, unha oportunidade para “os nosos profesionais que desexen alcanzar unha sólida visión do proceso de probas”.
Segundo explica Vitae acerca dos fundamentos desta oferta formativa para o mes de abril, “existe aínda moita confusión arredor do concepto de probas áxiles de software, é por isto que a certificación concede o coñecemento preciso ao tester para formar parte de equipos de traballo eficaces e rendibles e para lograr un alto desenvolvemento profesional”.
Segundo explica Vitae, este curso dá a opción de Certificación ISTQB Agile Tester Extension, pero é necesario posuír a acreditación Certified Tester Foundation Level de ISTQB. Lembrar, a maiores, que o programa de certificación do ISTQB (International Software Testing Qualifications Board) é recoñecido como un estándar internacional para avaliadores de software. Trátase dunha organización de certificación da calidade do software que opera internacionalmente. O ISTQB encárgase de soportar e definir un esquema de acreditación internacional e fornece o plan de estudos e o glosario sobre os que se definen as guías para a avaliación dos profesionais do testing a cargo dos comités de cada país.
Amais de todo o devandito, recordar que neste segundo trimestre do 2017, Vitae presenta unha ampla oferta formativa centrada en xestión, habilidades persoais e de operacións: Avaliación Avanzada de Perfís TI, Xestión de Proxectos Áxiles con SCRUM, Angular2 ou Desenvolvemento Frontend moderno con React e Redux. “En Vitae”, sinala a consultora galega a respecto desta ampla oferta formativa avanzada, “continuamos coa nosa misión de mellorar a formación e a capacitación dos profesionais e empresas do sector TI”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?