
Asemade, destaca por acubillar conectores estándar coas principais solucións do mercado, polo seu alto nivel de accesibilidade (dende calquera recanto e dispositivo) e pola independencia que amosa con respecto á contorna de despregue. Ademais, sinala Grupo Activo, “achega unha implantación fiable e segura”. A maiores, engade a firma galega, “alén das funcionalidades habituais do resto de plataformas de xestión empresarial do mercado, fornece unha mellor experiencia de usuario así como as posibilidades de uso da capa de presentación HTML 5 da que dispón”.
Segundo informou Johann Caillaud, director xeral da filial española de Qualiac, “buscabamos unha compañía con experiencia no mundo ERP e que fose quen de parametrizar e personalizar a solución para cada cliente, e Grupo Activo, neste ámbito en concreto, é un referente en Galicia”.
Segundo Juan Carlos Pérez, director xeral de Grupo Activo, “Qualiac ERP supón poder ofrecer aos nosos clientes unha ferramenta moderna, que satisfai as súas necesidades, con doada capacidade de adaptación e evolución e axustada en custe”.
A galega Grupo Activo distribuirá e implantará a plataforma ERP de Qualiac
Compartir Este Artigo

