Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG fai un chamamento para inverter a preocupante caída da presenza de mulleres no grao de Informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG fai un chamamento para inverter a preocupante caída da presenza de mulleres no grao de Informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/03/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

muller_computador_moza.jpgFan falta máis mulleres no ámbito das novas tecnoloxías da información, polo ben da profesión, polo ben dos estudos TI, polo ben das empresas do sector (que atoparán, literalmente, unha oferta laboral precaria e reducida) e polo ben do propio desenvolvemento tecnolóxico da nosa terra. As nosas entidades profesionais relacionadas co ámbito dixital non queren ficar de brazos cruzados ante esta situación, e máis tendo en conta que, lonxe de manterse a presenza de mozas nas carreiras vencelladas ao dixital, non para de diminuír. Un exemplo salientable desta loita é o labor do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática Técnica de Galicia (CPETIG). A entidade que preside Marcos Mata vén de presentar un informe no que se sinala, entre outras cousas, que a matriculación feminina no Grao de Informática caeu un 50% nas universidades galegas nos últimos anos.
“Esta tendencia á baixa”, sinala o colexio, “contrasta co escenario de crecente presenza das mulleres nas restantes carreiras dos nosos campus”. Ou sexa, en todos os ámbitos formativos superiores medra a presenza feminina agás no eido TIC, “con moi leves oscilacións entre as tres universidades”.
Destaca un algo, malia todo, a Universidade de Vigo, por tradición a institución académica galega con máis mulleres matriculadas no Grao de Informática. Porén, sinala o CPETIG, “a UVigo acusa na mesma proporción có resto a minguante presenza feminina”. Estas taxas, se nada o impide, irán a peor nos anos vindeiros, sendo tamén as de hoxe en día moito peores cás de comezos da década pasada, cando se lograron taxas que roldan o 30% en presenza de mulleres nas aulas de informática, caendo ata o 15% no curso académico 2015-2016 (sendo a matrícula feminina no conxunto dos grados da Universidade de Vigo do 51%).
Polo que se refire á Universidade de Santiago, o CPETIG lembra que “tamén experimentou unha significativa reducción de alumnas en Informática, pasando do 25% a comezos da década pasada ao 12% do pasado curso, unha proporción especialmente escasa tendo en conta que é unha universidade altamente feminizada cun 62% de alumnas”.
No caso da Universidade da Coruña, que chegou a ter unha taxa do 23% en cuestión de alumnas en Informática (a comezos da pesada década), anda hoxe arredor do 11% (sendo a matriculación feminina no total de plans de estudos de grao do 49%).
Segundo explica o colexio acerca dos motivos desta preocupante escaseza de mozas na formación TI, “esta tendencia é común á maioría dos países e, en parte, pode deberse ao modelo estereotipado e pouco real da informática que divulgan series e programas de televisión que terxiversan a verdadeira dimensión profesional”. Ademais, engade o CPETIG, inflúe negativamente o feito de que as mozas infravaloren as súas capacidades de seu en tecnoloxía e matemáticas, malia ter obtido de maneira melloras notas nestas materias cós mozos, de maneira xeneralizada.
A respecto do devandito, a entidade profesional galega sinala que a elección profesional debe realizarse “en liberdade, por vocación, e sobre ideas precisas das distintas alternativas académicas, superando determinados clixés que pesan sobre a informática”. Na súa opinión, é neste punto onde teñen que operar os colexios profesionais, xunto coas universidades e as empresas. Todas elas, sinala o CPETIG, deben contribuír a transmitir a verdadeira dimensión da profesión, superando a opinión simplista e estendida de que se trata de profesionais que “arranxan” computadores.
Porén, malia todos os datos negativos, o colexio valora positivamente o de feito de que a taxa de presenza de mulleres no seu propio seo manteña a día de hoxe unha tendencia positiva, pasando do 19% en 2008 ao 21% actual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?