Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal de Eido Local axudará á mellorar a transparencia dos pequenos concellos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal de Eido Local axudará á mellorar a transparencia dos pequenos concellos galegos

Redacción
Publicado: 13/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170314_transparencia.jpgDurante a presentación do informe sobre o estado dos portais de transparencia nas entidades locais galegas, elaborado pola Rede Localis, un estudo que se elaborou ao abeiro do convenio asinado o pasado verán entre a Vicepresidencia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Universidade de Vigo, anunciouse que o Goberno galego vai impulsar novas iniciativas co obxectivo de seguir mellorando a transparencia dos concellos.
O informe presentando esta mañá en Vigo contén información dos 313 concellos galegos e constitúe o punto de partida que permitirá trazar n itinerario para mellorar e facilitar o labor dos concellos en materia de transparencia. Sinala que un 78% dos concellos galegos contan cun portal de transparencia e que o tamaño dos concellos condiciona os resultados. Todas as grandes cidades contan cun portal de transparencia, pero a medida que descende o tamaño poboacional, as porcentaxes van caendo, ata o 73% dos concellos de 5.000 habitantes ou menos.
O mesmo sucede coa actualización da información: canto máis pequeno é o concello, menos actualizada está. Así, os concellos de máis de 50.000 habitantes presentan información actualizada nun 86%, fronte ao 32% daqueles entre 5.001 a 20.000 habitantes e o 42% para aqueles con 5.000 habitantes ou menos.
Todas estas cifras poñen enriba da mesa as dificultades que a administración local ten que enfrontar para implantar actuacións en materia de transparencia. Por iso, a Administración galega ten decidido impulsar novas iniciativas para colaborar coas entidades locais neste sentido.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou que se vai levar a cabo un redeseño do espazo de transparencia que existe no portal de Eido Local, co obxectivo de mellorar e facilitar o seu uso logo do seu primeiro ano de andadura.
Esta remodelación realizarase en colaboración cos concellos, aos que se lles pedirá suxestións para adecuar a páxina ás obrigas legais para o ámbito local; facilitar a publicación de información polos concellos; e facer unha páxina máis intuitiva e de fácil consulta.
Ademais, nos vindeiros meses tamén se van levar a cabo unha serie de iniciativas para dar a coñecer o portal, informar a concellos e cidadáns das súas potencialidades e seguir divulgando a transparencia en xeral, facendo fincapé no eido local. Para conseguilo, están previstas unhas xornadas na Escola Galega de Administración Pública; un congreso da Rede Localis, no que se abordarán os retos das entidades locais ante a transparencia; e a elaboración dunha Guía de utilización do espazo de transparencia para facilitar o seu uso a toda a cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?