Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC e o Banco Santander formarán a persoas con diversidades cognitivas en desenvolvemento e tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC e o Banco Santander formarán a persoas con diversidades cognitivas en desenvolvemento e tecnoloxías

Redacción
Publicado: 14/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_santander_acordo.jpgA Universidade da Coruña, a Fundación Universia e o Banco Santander veñen de unir forzas para tirar atrancos entre os estudos académicos que achega a UDC e as persoas con diversidades cognitivas. O proxecto en común, unha iniciativa educativa igualitaria e accesible, chámase Espazo Compartido e a súa andaina definitiva (e definida) foi presentada hoxe mesmo ante os medios. O reitor, Julio Abalde, sinalou que “con Espazo Compartido estamos a derrubar un muro que ata agora parecía insalvable: o muro da integración de persoas con diversidades cognitivas nos campus”. Tamén engadiu que un dos piares da iniciativa en común serán as novas tecnoloxías da información.
Espazo Compartido, explicou, é “un proxecto académico de formación sociolaboral para persoas maiores de 18 años que non teñen nivel académico de abondo para acceder á universidade, e para que poidan obter ao rematar a súa experiencia educativa con nós un certificado de competencias que lles facilite a inserción laboral”. Ten alcance estatal e diferentes sedes nun bo número de campus.
A UDC, unha das primeiras universidades estatais e a única no Sistema Universitario Galego en implantar Espazo Compartido, comezou co proxecto de forma experimental no ano 2013. O programa foise redeseñando durante estes anos e actualmente consta de tres cursos nos que se combinan a formación presencial nas aulas coa formación práctica en empresas como por exemplo o operador de telecomunicacións R, Inditex, Fundación Santiago Rey, Cruz Vermella, Padre Rubinos, Decathlon, o Ikea, entre outras firmas.
Ademais do programa académico, o proxecto inclúe sesións de apoio e atención ás familias. Os alumnos deste programa, quince estudantes por curso, teñen clase de luns a xoves en horario de nove da mañá a dúas da tarde impartidas por profesorado especializado nas aulas da Facultade de Ciencias da Educación, e clases de apoio e titorías durante as tardes e a xornada do venres.
A iniciativa, sinalouse hoxe, está estruturada en dous cuadrimestres nos que estudan Desenvolvemento Persoal, Habilidades Comunicativas, Matemáticas e Economía, Preparación para o Emprego, Novas Tecnoloxías da Información e Prospección de Emprego. O período de prácticas laborais abrangue oito semanas en empresas cun total de 200 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?