Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio Ambiente organiza unha xornada sobre TIC e información xeográfica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio Ambiente organiza unha xornada sobre TIC e información xeográfica

Redacción
Publicado: 14/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_medio_ambiente_tic_xeografia.jpgEste venres falarase na Coruña, e moito, do que poden facer as novas tecnoloxías da información, este mundo conectado, para afondarmos no noso coñecemento dos mundos. E cando falamos de mundos, principalmente os nosos: tanto a nivel galego como de concellos. Falamos da Xornada sobre Avances na Información Xeográfica no Ámbito Autonómico e Municipal, organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, este 17 de marzo a partir das 10.00 no auditorio da sede de AFundación na Coruña. O obxectivo: fornecer unha visión das tecnoloxías para xestión da información xeográfica.
Nun plano máis detallado, presentarase a nova base cartográfica galega (BTG10), e amosaranse os detalles do novo regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia. Tamén haberá unha mostra de novas tecnoloxías de información xeográfica. A continuación, damos conta do programa.
· 9.00 h. Recepción de asistentes. Café – mostra de novas tecnoloxías da información xeográfica.
10.00 h. Apertura da Xornada. Beatriz Mato Otero, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
· 10.15 h. O regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.
· 10.30 h. A nova base cartográfica de Galicia. BTG10.
· 10.45 h. Plan de ortofotografía a escala municipal. Oportunidades de colaboración.
· 12.15 h. Pausa café – percorrido pola mostra de novas tecnoloxías.
· 13.00 h. Necesidades de información xeográfica nos concellos de Galicia.
·13.30 h. Mesa redonda sobre novas tecnoloxías cartográficas aplicadas á información municipal.
· 14.30 h. Clausura da xornada.
Segundo informa a Consellería, “trátase dun acto orientado á Administración Local, pero aberto a toda a cidadanía en xeral, e moi especialmente a todas aquelas persoas que traballan en temas relacionados coa cartografía e os sistemas de información xeográfica tanto no eido público como privado”. Dado que o aforo é limitado, prégase aos interesados que confirmen a súa asistencia mediante correo electrónico á dirección: secretaria.iet@xunta.gal, ou no teléfono 981.541755/541756.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?