Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seleccionados os sete primeiros proxectos do programa Ignicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seleccionados os sete primeiros proxectos do programa Ignicia

Redacción
Publicado: 14/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ignicia_proxectos.jpgO pasado mes de febreiro presentouse na Coruña o programa Ignicia, un fondo de proba de concepto baseado no éxito da metodoloxía creada e desenvolvida pola Fundación Barrié, que posibilitará o pulo e posta no mercado do coñecemento xerado polos investigadores galegos. O programa Ignicia, que vai pola segunda fase da súa primeira edición, vén da man de GAIN (a Axencia Galega de Innovación) coa colaboración da Fundación Barrié. Está dirixido a universidades, centros de investigación e tecnolóxicos e fundacións hospitalarias. Onte puidemos saber os nomes dos sete proxectos seleccionados para a primeira edición de Ignicia. Na fase inicial, concorreron máis dunha trintena de iniciativas, das que só dúas ducias foron seleccionadas. Finalmente elixíronse os ditos sete proxectos para a fase de maduración e investimento.
As iniciativas seleccionadas foron presentadas este luns nun acto celebrado en Santiago de Compostela, presidido polo titular deste departamento, Francisco Conde e por José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié. Segundo fixo saber Conde, a idea é “vencellar uns 50 empregos, cun investimento de dous millóns de euros”. A amplitude da axuda que recibirá cada proxecto, que será fixada de xeito individual polo comité de investimentos, financiará gastos precisos para desenvolver as aplicacións comerciais dos proxectos: estudos de mercado, validación técnica, análise de oportunidades comerciais e de negocio, ou formulación de propostas a empresas ou investidores que poidan contribuír ao avance na fase de comercialización.
Entre as iniciativas que se impulsan encóntranse tres que promove a Universidade de Santiago (Matprint, relacionada coa impresión 3D de implantes biocerámicos e catalizadores químicos; Oncometa e Reprosteatosis, ambas para desenvolver novos fármacos); outras tres a través da Universidade de Vigo (Biofast, para a obtención dun biomaterial para rexeneración ósea a partir de dente de quenlla; Ubismart, vencellada coas aplicacións móbiles; e XHS Platform, con nanosatélites e provisión de servizos comerciais); e unha sétima a través do Centro Tecnolóxico Gradiant (Face Idn, para a verificación biométrica online).
O conselleiro sinalou que por primeira vez en Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), recórrese a un avaliador externo internacional: “Neste caso contamos coa colaboración da Universidade de Oxford para analizar os proxectos. Cos que pasaron a primeira fase temos que traballar, a través do asesoramento, para que poidan transferir as súas ideas ao mercado”.
Estas sete iniciativas, sinalou, “contribuirán ao desenvolvemento económico e social de Galicia, facilitando o rendemento económico e social do investimento público en I+D, así como á mellora da competitividade das empresas galegas, o fomento das capacidades dos organismos de investigación de Galicia e a atracción de investimentos públicos e privados á nosa terra”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?