Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo impulsa unha app que avalía polo miúdo o comportamento colectivo dos futbolistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo impulsa unha app que avalía polo miúdo o comportamento colectivo dos futbolistas

Redacción
Publicado: 15/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os docentes de Ciencias da Educación e do Deporte Marián Fernández e Carlos Lago
Os docentes de Ciencias da Educación e do Deporte Marián Fernández e Carlos Lago
A Universidade de Vigo informou hoxe de que está implicada no desenvolvemento dunha aplicación para optimizar a preparación dunha equipa de fútbol a través do seguimento do comportamento dos seus xogadores. A ferramenta, que bota man de animacións (para recrear en pantalla todo tipo de situacións de adestramento) e de tecnoloxías de localización (a través dos dispositivos GPS recóllese e escúlcase o movemento e a posición dos xogadores), ten financiamento do Ministerio de Economía e Industria e está a ser impulsada pola UVigo xunto coas universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro e Salamanca. O obxectivo final é que os datos obtidos das análises permitan medir aspectos físicos como distancias percorridas ou empuxe nas carreiras e, tamén, dar forma ao modelado de aspectos tácticos e colectivos.
Segundo explica o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Carlos Lago, investigador principal deste proxecto seleccionado no programa Retos de la Sociedad, “a idea é que o adestrador teña en tempo real unha recreación, unha animación, da situación real en calquera tarefa do adestramento”. A carón de Lago, a tamén profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Marián Fernández Villarino, o investigador da UTAD Jaime Sampaio e o enxeñeiro informático e profesor da Universidade de Salamanca Roberto Therón conforman o equipo de traballo do proxecto Data-driven visual group of analysis in soccer match.
Segundo engaden, o software no que están a traballar posibilitaría interpretar os datos (tanto de maneira individual como colectiva) xerados polos petos con GPS “cos que contan xa a maioría dos equipos de primeira e mesmo de segunda división”. E apuntan a maiores: “O GPS rexistra as posicións de cada xogador dentro dun eixo X e un eixo Y e o que buscamos con todos eses arquivos e descargalos na soa aplicación e facer a animación de cada tarefa”.
O propósito, polo tanto, é atopar variables de aspectos grupais que non foron modeladas ata o de agora no adestramento, “esa é a gran novidade do traballo”, aclaran os investigadores, engadindo que o seguinte paso deste proxecto sería “sermos capaces de calcular a entropía, como un indicador da complexidade do comportamento colectivo dos equipos, que nos permite ter unha medida da súa regularidade, do seu grao de predicibilidade”. Ao seu xuízo, a app resultante podería ter un “enorme impacto na práctica”, dado que cos GPS permitiría “non só facer a análise dun xogador individual ou de todo o equipo, senón buscar ti as asociacións entre sinais que precises e nos intervalos de tempo que a che interesen”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?