Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA convoca máis de medio milleiro de prazas para obter a certificación CODIX
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA convoca máis de medio milleiro de prazas para obter a certificación CODIX

Redacción
Publicado: 15/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

codix.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de convoca 546 prazas para os cidadáns que queiran obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (formato PDF), está aberta a toda a sociedade en xeral que xa está en posesión dos recursos e habilidades precisas para o emprego das aplicacións informáticas que integran o módulo formativo MF0233_2 Ofimática baixo o paquete de LibreOffice. AMTEGA tamén lembra que as probas celebraranse os días 26, 27 e 28 de abril, en diversas quendas de mañá e tarde, en 34 localidades con aula CeMIT.
Trátase das localidades de Abegondo, Ames, Arzúa, Bande, O Barco, Barreiros, Boiro, Brión, Campo Lameiro, A Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Celanova, A Coruña, Cuntis, A Fonsagrada, Lalín, Leiro, Marín, Oroso, Ourense, Padrón, Pontedeume, As Pontes, Pontevedra, Santa Comba, Santiago, Sarria, Tomiño, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo e Vimianzo.
A inscrición poderá realizarse a través de Internet a partir deste xoves 16, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede e da súa web.
Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán os exames presenciais.
Polo que se refire á proba en concreto, sinalar que para obtermos o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o devandito módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade. Estas cinco unidades son: Sistema operativo, busca da información, Internet/Intranet e correo electrónico; Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base); Aplicacións informáticas para presentacións (gráficas de información e LibreOffice Impress); e Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
AMTEGA tamén lembra que os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación ao abeiro da plataforma de ensino a distancia da rede CeMIT, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?