Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de trinta profesionais afondarán nos desafíos da eAdministración en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de trinta profesionais afondarán nos desafíos da eAdministración en Santiago

Redacción
Publicado: 16/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

encontro_cooperacion_administracion_electronica.jpgO goberno dixital avanza e con el, cousas como transparencia, participación cidadá, tramitación electrónica ou eficiencia administrativa. Porén, é preciso avaliar os desafíos que implica esta transformación, tanto de cara ás propias institucións públicas e os seus traballadores, como no que atinxe á sociedade. Esta análise de retos e repercusións é un dos grandes obxectivos da segunda edición do Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica. O evento, que se desenvolve baixo o epígrafe Un compromiso conxunto cara aos cidadáns, vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e co Consello Superior de Letrados e Avogados de Comunidades Autónomas. Celébrase os días 23 e 24 de marzo o Edifico CINC da Cidade da Cultura.
En palabras das ditas entidades, “este foro busca analizar o impacto e os retos do novo marco normativo en materia de Administración Electrónica (leis 39/2015 e 40/2015) no funcionamento das Administracións Públicas”.
Co devandito obxectivo, está previsto convocar máis de 30 profesionais do ámbito tecnolóxico, xurídico e de distintos departamentos das administracións autonómica, estatal e local, afondando en temas tan salientables como as novidades normativas no eido da eAdministración, a cooperación administrativa para avanzar no proceso dixitalizador, as notificacións electrónicas, o arquivo electrónico ou a transparencia pública. Serán en total sete mesas de debate en dúas xornadas nas que tamén se analizarán as liñas de colaboración entre as distintas entidades para xuntar esforzos no pulo da Administración Electrónica.
Amais das mesas de debate, haberá un espazo de exposición para mostrar en detalle os servizos dixitais que teñen ao seu dispor os cidadáns (con stands de AMTEGA e das nosas deputacións onde os asistentes poderán inscribirse en diferentes servizos). Quen desexe participar neste encontro, que é de balde, deberá darse de alta nos portais da AMTEGA e de Eido Local, onde tamén está publicado o programa das xornadas. Estas están dirixidas a profesionais do sector público.
O Encontro enmárcase dentro das actuacións do Plan de Goberno Dixital 2020 que vén desenvolvendo a Xunta para consolidar a Administración Dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?