Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus Abanca animará a emprender aos estudantes da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Campus Abanca animará a emprender aos estudantes da UDC

Redacción
Publicado: 16/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_abanca_img_9292.jpgEsta mañá presentouse na sede coruñesa de Abanca unha nova iniciativa para apoiar aos emprendedores e estudantes universitarios nun acto que contou coa presenza de Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira, e de Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña. Trátase a primeira edición do Campus Abanca, iniciativa de Abanca Obra Social, en colaboración coa Universidade da Coruña, que celebrarase entre os días 20 e 23 de marzo no campus coruñés.
Esta iniciativa que pretende difundir a cultura emprendedora entre os mozos universitarios. O evento, que terá un marcado carácter práctico e tecnolóxico, acollerá diferentes tipos de actividades orientadas a proporcionar aos universitarios coñecemento útil para afrontar os retos da transformación dixital e aproveitar as oportunidades profesionais ofrecidas polas industrias do futuro.
campus_abanca_img_9275.jpg«Esta iniciativa inscríbese no Programa de Educación Financeira de Abanca, a través do cal queremos proporcionar aos diferentes grupos de idade a información necesaria para a toma de decisións responsables en relación con aspectos decisivos da súa vida económica e profesional, neste caso o lanzamento dos seus propios proxectos», explicou Tatiana Suárez; ao que Margarita Amor engadiu que «para a Universidade da Coruña o Campus Abanca ten especial interese polo seu evidente sentido práctico e polo seu carácter transversal, que lle ofrece ao estudantado unha magnífica oportunidade de adquirir coñecementos básicos para o emprendemento e de coñecer as fortalezas e as debilidades de distintas experiencias».

Programa de actividades

campus_abanca_cartel.jpgO foro está deseñado a partir dun núcleo temático composto por obradoiros formativos, relatorios e mesas redondas centradas en diferentes asuntos relacionados co emprendemento e a tecnoloxía, e ao redor dos cales se celebrarán outras actividades complementarias.
A filosofía do evento é netamente práctica, carácter que se verá reforzado pola presenza de recoñecidos expertos e emprendedores que compartirán o coñecemento acumulado nas súas experiencias persoais de lanzamento de proxectos. Participarán en Campus Abanca relatores como Vincent Rosso (BlaBlaCar), Sacha Michaud (Glovo), David Rosa (Global Sport Innovation Center de Microsoft), Samuel Molina (youtuber e gamer), María Olveira (fashion & travel blogger), Lalo García (Conector), Elisabeth Martínez (Conector) e Pako Rodríguez (Ouishare).
Campus Abanca arrancará o luns 20 no Salón de Graos da Facultade de Dereito coa celebración do taller Coñeces o marco xurídico das start-ups. Lexislación TIC. O martes 21 a Facultade de Informática acollerá o obradoiro de modelos de negocio Lanza a túa start-up xa! Descubrindo Lean Startup. Ao día seguinte, mércores 22, o evento trasladarase á Facultade de Economía e Empresa, na que terá lugar o taller Necesita a túa start-up financiamento? Deseña a estratexia da túa rolda.
Tras a celebración destas actividades, o xoves 23 terá lugar a sesión inspiracional, tamén na Facultade de Economía e Empresa. Ao longo dela sucederanse mesas redondas relativas a economía colaborativa, proxectos fintech, moda/tendencias e innovación no deporte, un taller práctico sobre industrias de futuro (drons, impresión 3D e videoxogos), e, por último, varias sesións de networking gamificadas a través da app do evento e competicións de start-ups.
En paralelo e durante os catro días de duración do evento, o Espazo ABANCA albergará diferentes actividades e contidos informativos relacionados co emprendemento, a formación e a captación de talento. A inscrición ás actividades do I Campus Abanca realizarase vía web e estará aberta ata o día 20 unicamente a estudantes da Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?