Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os aspectos legais da revolución dixital, a debate este venres na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os aspectos legais da revolución dixital, a debate este venres na UDC

Redacción
Publicado: 16/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

legalthinking_16904724_10211250762178901_3723102337500232660_o.jpgA Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá mañá a celebración dun encontro profesional destinado a afondar nos moitos puntos de contacto e interrelación entre as novas tecnoloxías dixitais e o ámbito da avogacía, a lexislación e a xustiza. O encontro, cunha ollada dirixida ao futuro da devandita interrelación, centrarase en cousas como a cuestión xurídica dos deportes dixitais (eSports), os aspectos legais no desenvolvemento e distribución de aplicacións móbiles, a liberdade de expresión nas redes sociais ou as medidas a tomar para protexer aos menores na Rede. O foro Dereito 2.0, reflexións de avogados TIC sobre tecnoloxía, robótica e intelixencia artificial, #Legalthinking, contará coa asistencia de xuristas de toda Galicia especializados en temas relacionados coas novas tecnoloxías.
O programa artellarase en dous bloques, un baixo o título de Dereito do futuro e un segundo sobre Robots e intelixencia artificial. O catedrático de Dereito Administrativo da UDC, organizador do evento, Javier Sanz Larruga, abrirá o encontro, ás 16:00 horas, xunto co avogado Víctor Salgado Seguín (@abonauta), de Pintos & Salgado. A continuación comezarán as intervencións, das que damos conta deseguido.
16:15 – Aspectos legais do desenvolvemento e distribución de Apps.
Bárbara Román (NoLegalTech, @abogadopenal)
José Manuel Sendín Rodríguez (NoLegalTech, @kuartillo)
16:40 – eSports. Retos xurídicos da nova competición
Hugo Pastoriza Costas (avogado)
17:05 – Privacidade-imaxe do menor vs Límites da patria potestade
Alicia Piña (ALIGALE Avogados, @alipinha)
17:30 – Aspectos legais de Blockchain e Smartcontract
Iago Otero Moreiras (@abogadotero)
18:30 – Recoñecemento biométrico e sinatura electrónica: quen somos e que asinamos
Xoán González Dafonte (avogado)
18:55 – 1 ano da nova LECRIM (bugs e exploits)
Luis Jurado Cano (avogado)
19:20 – A liberdade de expresión nas redes sociais
José María Lozoya (avogado)
19:45 – Cara unha regulación flexible e proporcionada dos drons
André Castelo Pichel (APDTIC, Avogados Dixitales, @ticandlaw)
20:10 – Os novos Dereitos Humanos ante o avance da intelixencia artificial
Víctor Salgado Seguín (Pintos & Salgado, @abonauta)
20:35 – Responsabilidade e ‘robética’: será, algún día, a máquina responsable dos seus actos?
Miguel Vieito Villar (investigador en Dereito e asesor legal, @MiguelVieito)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?