Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 16/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170316_mar_pereira.jpgEsta mañá en Madrid no Foro Cultura Intelixente, organizado pola entidade estatal Red.es, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (AMTEGA), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron a iniciativa Memoria Dixital de Galicia.
No encontro, no que participaron preto de 30 representantes de entidades estatais para debater e intercambiar experiencias sobre transformación dixital no eido cultural, o Goberno galego deu a coñecer esta iniciativa posta en marcha en 2016 para crear un novo modelo de xestión e conservación do patrimonio cultural galego baseado nas TIC, que garanta a súa preservación, difusión e a accesibilidade desde calquera lugar do mundo. O obxectivo é consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia.

Iniciativas en marcha

20170316_anxo_lorenzo.jpgA Memoria Dixital de Galicia é un proxecto complexo que se desenvolverá a medio e longo prazo, pero que na actualidade xa ten en marcha unha plataforma fundamental, Galiciana. Esta iniciativa, que naceu como a biblioteca dixital de Galicia, incorporou o pasado mes de outubro o Arquivo Dixital Patrimonial, que conta actualmente con 904.175 rexistros e con 47.130 documentos dixitalizados.
Xunto co proxecto da Memoria Dixital de Galicia, no ámbito dos servizos bibliotecarios Mar Pereira e Anxo Lorenzo tamén abordaron a plataforma para o préstamo de libro electrónico GaliciaLe (que en 2016 ampliou os seus fondos a 2.154 títulos) e mais o novo sistema integrado de xestión bibliotecaria para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para a creación dun catálogo colectivo de todas as bibliotecas e a xestión integrada dos seus recursos. Segundo anunciaron, este ano púxose en marcha a segunda fase deste proxecto, coa incorporación daquelas bibliotecas públicas municipais que contan co sistema bibliotecario de xestión Meiga.
Pola súa banda, Red.es presentou durante a xornada os dous proxectos nos que estivo traballando co Ministerio de Defensa e coa Biblioteca Nacional de España (BNE). Ademais, o resto de participantes do Foro, entre os se atopaban representantes do Instituto Cervantes, do Museo do Prado ou do Museo Reina Sofía, entre outros, compartiron as súas iniciativas a este respecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?