Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seis estudantes da UVigo logran o segundo premio na edición global de HackforGood
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seis estudantes da UVigo logran o segundo premio na edición global de HackforGood

Redacción
Publicado: 16/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_hackforgood_2017_ganadores.jpgA quinta edición do HackForGood celebrábase do 9 ao 11 de marzo en quince sedes estatais ao tempo, nelas desenvolvíanse 150 aplicacións tecnolóxicas desenvolvidas por máis de 1.500 hackers de toda España co obxectivo de resolver os 200 retos sociais propostos pola organización mediante o uso masivo de datos. E nesta quinta edición do HackForGood seis estudantes do derradeiro curso do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo decidían presentar o seu proxecto académico, Learnfordown, obtendo o segundo premio deste certame. Asemade, esta iniciativa tamén era presentada á terceira edición viguesa do encontro HackforGood, acadando o primeiro posto.
Así, Juan Fernández, Francisco González, Cristina González, Aaron Diéguez, Susana Díaz e Alejandro Fernández, responsables do Learnfordown, facíanse co segundo premio nacional HackforGood Global 2017, un galardón de 3.000 euros, mentres que o primeiro premio (un semáforo para invidentes desenvolvido en Valencia), percibirá 5000 e o terceiro, Biocast de Sevilla, terá un premio de 1000 euros.
uvigo_hackforgood_2017_ganadores_2.jpgE en que consiste este Learnfordown? Pois é unha aplicación para que os nenos coa síndrome de Down aprendan a ler e escribir. A idea xurdiu dunha demanda da Asociación Down Coruña, que lle foi achegada a unha das creadoras da app, Susana, quen ten un irmán con estas características. A propia asociación colaborou arreo na materialización do proxecto, guiando aos estudantes no seu traballo de darlles forma aos elementos do proxecto: unha aplicación móbil Android, un sistema hardware (joystick, botóns, placa Arduino, teclado) e un sistema de seguimento mediante unha interface web.
Tralo éxito acadado nos certames estatal e vigués de HackForGood, as e os promotores de Learnfordown informaron da súa intención de seguir impulsando a súa proposta, que segundo informa a Universidade de Vigo, “cando menos ten que proseguir ata o mes de abril, que é cando remata a materia de grao para a que foi creada a aplicación”. A equipa gañadora coincide en salientar que con este proxecto superáronse as súas propias expectativas. “Non agardabamos o recoñecemento acadado e xa que tivo interese podería ser interesante continuar”, sinala Juan Fernández. Esta edición do HackForGood contou coa participación das cátedras Telefónica dunha vintena de universidades, entre elas a de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?