Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC copan boa parte dos proxectos gañadores de INCUVI-Emprende
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC copan boa parte dos proxectos gañadores de INCUVI-Emprende

Redacción
Publicado: 17/03/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

uvigo_incuvi_emprende-3.jpgA sexta edición dos premios INCUVI-Emprende, convocados pola Universidade de Vigo para impulsar nos seus campus a innovación e o emprendemento tecnolóxico, xa ten os seus gañadores. Os nomes das 12 iniciativas emprendedoras escollidas (que pasarán o vindeiro ano nas instalacións de incubación dos tres campus) foron desvelados este xoves. En total houbo 23 finalistas, pero o proceso de escolma deixou a cifra final nunha ducia de proxectos: seis do Campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra, ademais de dous accésits, un en Vigo e outro en Pontevedra. As novas tecnoloxías e a contorna dixital foron novamente o nexo común de practicamente todas as propostas (aplicacións móbiles, plataformas de traballo en rede, economía de cooperación en liña). Entre as boas novas desta edición figuran o incremento importante da participación feminina, xa que dos 38 proxectos que se presentaron en total, o 42,5% viñan da man de mulleres. De feito, entre os gañadores tamén se mantén unha situación case de equidade, con 12 homes e 11 mulleres.
Seis novos emprendedores para Vigo
Nas instalacións da pre-incubadora do Campus de Vigo, situada na Cidade Universitaria, os seis proxectos gañadores disporán durante un ano dun ecosistema de crecemento e maduración das súas ideas. Entre os seleccionados hai propostas de moi diferentes eidos, dende as redes sociais e a economía colaborativa a propostas máis tanxibles relacionadas coa construción ou o sector alimentario.
Bursay-Language & Digital Services é unha das ideas seleccionadas, unha axencia dixital de expertos lingüísticos para tarefas de tradución, corrección e redacción de textos en galego. Os seus promotores, Yasmina Figueroa e Rubén Pérez, egresados de Filoloxía e Tradución, explican que Bursay combina servizos lingüísticos e dixitais e “como expertos neste eido somos conscientes da urxente necesidade de mellorar o estatus do galego, tanto traballando con el como ofrecendo servizos de mellora de calidade e prestixio”.
No contexto tecnolóxico está DIBLEO – Networking Community, unha rede social de emprendemento universitario que crea relacións de networking entre profesionais que actúan como mentores e mozos e mozas emprendedores.
Polo que atinxe a WCube, trátase dun espazo virtual para exhibir arte contemporánea impulsado por un estudante da EE Industrial e unha egresada de Belas Artes, coa finalidade de crear “unha galería virtual” para achegar á mocidade mediante unha contorna dixital a arte contemporánea.
Sapere Vedere é a proposta de José Martínez para a transformación de produtos cárnicos con orixe no porco celta, mentres que Unidade Tintométrica Móbil, idea de Andrés Valga, aposta polo uso dun vehículo para trasladar os medios necesarios para a comparación de tonalidades e elaboración da pintura á porta do taller. Completa o grupo de gañadores vigueses o proxecto Tiny House, centrado na fabricación e venda de casas construídas sobre remolques. Tamén se entregou un accésit en Vigo a Slick. Cambiemos el Fitness.
Catro novas ideas empresariais destino Ourense
Impulsada por Melanie Sol, Nutrición Integral en Tu Empresa é unha das catro ideas gañadoras. “O meu proxecto consiste nun programa de benestar global para as empresas, a través do que se detectan necesidades puntuais dos empregados da organización e se ofrecen solucións estratéxicas para que melloren a súa calidade de vida”, explicou Sol, ex-alumna do Máster en Nutrición.
Impulsada por Eva Robledo, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, outra das iniciativas gañadoras é Ridesport, unha plataforma en liña de economía colaborativa que ten como finalidade o turismo deportivo, poñendo en contacto viaxeiros con residentes para que poidan practicar a modalidade deportiva que comparten.
Estas dúas iniciativas terán como veciños na preincubadora ourensá a Kuatro Marketing Digital, un proxecto de asesoramento e deseño de solucións estratéxicas e operativas de mercadotecnia dixital que optimicen a presenza en liña de calquera modelo de negocio, e OuVIr, que se centra en xerar unha acción transformadora para as persoas con diversidade funcional de todo tipo, dende cognitiva a intelectual e persoas en situación de dependencia, ofrecendo asistencia persoal.
Dous proxectos sobre novas tecnoloxías gañan en Pontevedra
E de Ourense a Pontevedra, Needin e Mediación Móvil son os dous proxectos gañadores con destino ás instalacións de AJE Pontevedra, e xunto a eles houbo un accésit para Galewood. Needin busca crear unha plataforma virtual para facilitar o contacto entre especialistas autónomos do eido sociosanitario, por exemplo, profesionais da enfermaría, psicoloxía, avogacía, traballadores sociais, etc. con persoas que poidan precisar dos seus servizos. No caso de Mediación Móvil, os dous promotores buscan crear unha aplicación para dispositivos móbiles e unha web para ofrecer un servizo de mediación para empresas, organizacións e particulares que precisen resolver conflitos.
INCUVI Avanza para Brigantia e .beLeader
O xoves tamén se deron a coñecer as dúas iniciativas gañadoras dos premios INCUVI-Avanza, unha convocatoria que trata de consolidar os dous mellores proxectos gañadores da pasada edición de INCUVI-Emprende, que seguirán desenvolvéndose no CITI de Ourense e no Parque Empresarial de Porto do Molle. Nesta ocasión os seleccionados foron Brigantia e .beLeader, outorgándose tamén un accésit para MycoGalicia. Brigantia é un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un lecer e tempo libre saudable fóra do consumismo, e onde promover e fomentar a lingua e a cultura galega. .beLeader é unha solución web orientada ao turismo de baixo custe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?