Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Desafíos STEM recoñecerán os mellores proxectos de robótica e programación da nosa mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Desafíos STEM recoñecerán os mellores proxectos de robótica e programación da nosa mocidade

Redacción
Publicado: 20/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muller_stem.jpgO enxeño e o maxín da nosa mocidade van ter máis recoñecemento. Así o fixo saber estes días a Consellería de Cultura e Educación, que vén de convocar un premio de innovación educativa co que se busca visualizar e salientar o traballo que están a desenvolver os centros educativos públicos en prol da promoción e impulso dos coñecementos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), presentes nas materias de libre configuración autonómica de Programación (ESO) e Robótica (Bacharelato). O nome certame, Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D, fai alusión directa (precisamente) a estas materias.
Segundo fai saber Educación, cada centro poderá concorrer con ata un máximo de seis equipos, que estarán configurados por un mínimo de tres alumnos e un máximo de seis. A competición artellarase en dúas categorías e tres desafíos. A categoría STEM junior está concibida para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación e é aconsellable para alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO, FP Básica ou PMAR. Pola súa banda, a categoría STEM senior está orientada a proxectos máis complexos, para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
O desafío robots consiste en que un ou varios robots, sobre un escenario, realicen accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teñan aplicación na realidade da vida cotiá.
O desafío programación basearase nun proxecto tecnolóxico que dea solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch.
No desafío impresión 3D empregarase unha impresora destas características para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.
En canto aos premios, outorgaranse un total de seis, un por cada desafío e categoría. En concreto, cada galardón ascende a 2.000 euros, que irán destinados ao centro docente do equipo gañador. A maiores, os alumnos e alumnas dos equipos recoñecidos recibirán un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos e destrezas.
Os centros teñen ata o 21 de abril como data límite para presentar a solicitude e a documentación de cada proxecto STEM. Todos os detalles da convocatoria poden consultarse na ligazón específica da Consellería de Cultura e Educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?