Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC presenta o Campus Innova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC presenta o Campus Innova

Redacción
Publicado: 23/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_campus_innova_presentacion-3.jpgA Universidade da Coruña vai reforzar os seus instrumentos para favorecer que abrollen dos seus campus máis e mellores iniciativas innovadoras. Así o deu a coñecer hoxe mesmo o reitor, Julio Abalde, no Paraninfo da Reitoría, perante decanas/os, directoras/es de centros, coordinadora/es de grupos de investigación e de centros tecnolóxicos e profesorado universitario. No acto, máis en detalle, presentáronse os novos campus especializados da Universidade. Segundo fixeron saber o reitor e máis o vicerreitor de Economía, Domingo Calvo, os campus da UDC estarán centrados en dúas grandes áreas: a innovación e o sostible. A primeira estará representada por Campus Innova e a segunda por Campus da Sustentabilidade.
O Campus Innova, sinalaron os reitores, estará centrado na innovación dixital, tecnolóxica (novas tecnoloxías da información) e humanística. Abrangue tres grandes áreas nas cales se desenvolven diferentes liñas de especialización. Na primeira área salienta o eido das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (Innova TIC), que é transversal ao resto de áreas de especialización “con posibilidade de numerosas aplicacións en diferentes contornas sectoriais tanto no ámbito lucrativo (onde destaca a xestión empresarial da innovación e do coñecemento) como non lucrativo”. Entre as moitas aplicacións das TIC Abalde e Calvo salientaron os ámbitos da biotecnoloxía, a saúde, a dependencia ou o tecido socio-sanitario. A segunda área de interese é a área da innovación e tecnoloxías da construción, enxeñería civil e aeronáutica, que estará representada por Innova Tech. O terceiro eido é a innovación no eido das humanidades e dixitais, a través de Innova Humanitas.
Pola súa banda, o Campus da Sustentabilidade centrarase en primeiro lugar nos ámbitos do urbanismo, a paisaxe e o territorio, en segundo lugar nos eidos da sostibilidade e a innovación social, en terceiro lugar na sustentabilidade económica e, en cuarto lugar, na vida saudable.
Con estes dous novos campus de especialización prevese levar a cabo accións que integren ao conxunto das sedes da Universidade da Coruña: Elviña, Zapateira, Riazor, Oleiros e Oza.
A partir deles, informaron Abalde e Calvo, “téntase fixar as liñas estratéxicas grazas ás que a Universidade poderá non só ofrecer unha formación máis especializada dos futuros egresados senón tamén mellorar a súa capacidade competitiva para captar fondos e realizar unha investigación e transferencia máis punteira e con maior valor engadido para a sociedade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?