Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ampliará o catálogo de servizos dixitais aos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ampliará o catálogo de servizos dixitais aos concellos

Redacción
Publicado: 23/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20170323_amtega_02.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira, na apertura do II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración electrónica, que foi inaugurado polo secretario xeral de Administración Dixital do Ministerio de Facenda e Función Pública, Domingo Molina, avanzou que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) un convenio de colaboración para facilitar ás entidades locais a implantación da Administración electrónica. O acordo pon á disposición dos concellos unha carteira inicial de ferramentas como as notificacións electrónicas, a acreditación dixital, a Plataforma de Interoperabilidade, ou a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, que se irán ampliando de xeito progresivo.
Máis de 250 empregados públicos asisten estes dous días ás mesas e relatorios nos que se abordan diferentes aspectos derivados do impacto do funcionamento das Administracións Públicas, así como as liñas de colaboración entre as distintas administracións, que permitirán unificar esforzos no desenvolvemento da Administración Electrónica.
Ademais das mesas de debate as Xornadas contan un espazo para difundir os servizos dixitais que teñen as súa disposición os cidadáns. Nos diferentes expositores, persoal da AMTEGA e das deputacións explican e poden dar de alta en diferentes servizos aos interesados en incorporarse ao uso da administración dixital.

En marcha as principais pezas que esixen as leis 39/40

20170323_amtega_01.jpgA máxima responsable da AMTEGA lembrou que Galicia está a desenvolver o Plan de Administración e Goberno Dixital 2020, aprobado en 2015 cun investimento de 27,7 millóns de euros en 5 anos, que permitiu poñer en marcha boa parte das medidas que esixe o novo marco normativo en materia de Administración Electrónica (leis 39/2015 e 40/2015).
Desde o pasado ano a Administración autonómica conta co sistema notifica.gal, que permitiu o envío de 31.000 notificacións electrónicas. A Xunta dispón tamén, desde 2015, da Plataforma de Interoperabilidade Pasaxe! con máis de 40 certificados accesibles, e que en 2016 evitou a presentación de máis de 2,6 millóns de documentos (certificados de discapacidade, familia numerosa, parella de feito, títulos universitarios…). Durante o pasado os empregados da Administración autonómica asinaron de xeito dixital máis de 1 millón de documentos.
A sede electrónica da Xunta rexistrou en 2016 máis de 89.000 xestións online e vén de habilitar a obtención dos certificados de familia numerosa e discapacidade a través da sede. Ademais, simplificouse o seu acceso coa posta en marcha do Servizo Chave 365, que substitúe o uso de certificados dixitais por claves concertadas no móbil, e que xa empregan máis de 13.000 persoas.
A administración autonómica conta tamén cun dos piares da administración dixital, o Arquivo Electrónico, que permite xestionar o ciclo de vida completo de cada documento e posibilitará, tanto aos empregados públicos como ao propio interesado,
Outra das obrigas para 2018 é que se dixitalicen todos os documentos que entran a Administración. Galicia adiántase a este requisito e, tras dixitalizar o Rexistro Xeral da Xunta como os Rexistros das Delegacións provinciais, este ano dixitalizaranse os 173 rexistros do Sistema Único de Rexistro, que dependen da Administración autonómica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?