Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AFundación presenta en Vigo novo espazo para maiores e nova plataforma dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AFundación presenta en Vigo novo espazo para maiores e nova plataforma dixital

Redacción
Publicado: 24/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

afundacion_vigo_espazo_60.jpgAFundación (Abanca) vén de inaugurar e presentar en Vigo un novo espazo moi acaido para favorecer o envellecemento saudable a través do emprego das novas tecnoloxías da información. Trátase do Espazo+60 vigués, unha sede “multidisciplinar” con actividades para quen teña máis de 55 anos (moitas delas, como dixemos, relacionadas coas TIC). Amais, AFundación aproveitou a cita para dar o coñecer o vindeiro desenvolvemento da plataforma dixital interna AFundación TV, que será unha canle de comunicación para os socios achegándolles pezas audiovisuais que reflictan as actividades xeradas.
Estas novidades foron dadas a coñecer perante os medios polo presidente de AFundación, Miguel Ángel Escotet, e o director xerente da entidade, Pedro Otero, que lembraron que a de Vigo é a terceira sede de Espazo+60, logo das de Ferrol e Pontevedra.
Segundo sinalou Escotet, Espazo+60 busca involucrar ás persoas maiores con xente nova “en actividades do seu interese”, ademais de visualizar e reivindicar a súa experiencia. Máis polo miúdo, a través deste programa, os usuarios poderán participar en actividades de lecer creativo, de formación das súas habilidades e destrezas e compartir o seu talento e experiencia vital e profesional.
Otero, pola súa banda, salientou que desde a posta en marcha destes recintos recibíronse 350 altas, unha media de tres ao día, e baixaron a idade de incorporación dos 74 aos 68 anos. A día de hoxe, engadiu, “hai en Vigo 950 socios, entre os 55 e os 100 anos, sendo a nosa intención acadar nos vindeiros dous anos a cifra de 2.000 usuarios”.
O novo Espazo+60 de Vigo dispón de catro aulas, auditorio para conferencias, aula de cociña, zona social e dúas salas no Teatro AFundación. Nelas forneceranse actividades sobre hábitos saudables, cultura e expresión artística, formación e coñecemento, novas tecnoloxías da información e lecer activo.
Como dixemos, AFundación tamén anunciou perante os medios a vindeira posta en marcha de AFundación TV, unha canle dixital interna, para socios, que reflectirá o desenvolvemento de todo tipo de actividades xeradas no seo da entidade divulgándoas a través da televisión dixital en diferido ou en directo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?