Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEPACE avalía na Coruña o fenómeno das TIC en familia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEPACE avalía na Coruña o fenómeno das TIC en familia

Redacción
Publicado: 24/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

congreso_fepace_fillos_dixitais.jpgA vindeira semana, o 31 de marzo e o 1 de abril, A Coruña acollerá o evento Pais analóxicos, fillos dixitais, nova edición dos congresos de FEPACE (Federación de Asociacións de Pais de Alumnos de Fomento de Centros de Ensino), no que participarán once expertos en tendencias dixitais que achegarán ferramentas educativas para as máis de 1.200 nais e pais de toda España que se prevé asistan a este encontro. Detrás da organización desta actividade atópanse as asociacións de pais e nais dos colexios Montespiño e Peñarredonda, o dito congreso terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña e nos colexios Montespiño e Peñarredonda.
En canto á temática desta xuntanza abranguerá as aplicacións e redes sociais que empregan as nosas fillas e fillos, as tendencias que moven o mundo dos nativos dixitais, a tecnoloxía como impulsora do talento ou a tecnoloxía e a comunicación de parella, algúns dos temas a tratar neste encontro educativo, ao que asistirán representantes das confederacións nacionais de nais e pais, patronais educativas e organizacións sindicais.
Indo ao programa en cuestión, na xornada inaugural, Gustavo Entrala (experto en estratexia dixital coñecido por incorporar ao Vaticano á rede social Twitter), ofrecerá na conferencia A soas con Siri, unha visión de 360º da comunicación actual.
Outra relatora será a vicedecana de Investigación e Posgrao da Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, Charo Sádaba, quen dará respostas á pregunta: É posible conciliar tecnoloxía e educación?
Alén disto, os centros de ensino Montespiño e Peñarredonda levarán a cabo oito obradoiros ou workshops: E-Paternidade: educando aos futuros cidadáns dixitais; A tecnoloxía: un trampolín para impulsar o talento do teu fillo; Tendencias que moven o mundo dos nativos dixitais; Sabes que aplicacións utilizan os teus fillos? Apptualízate ou Acceso seguro a internet, entre outros.


Vídeo promocional do congreso de FEPACE en PALEXCO

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?