Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada no Campus de Pontevedra unha web con máis de 300 proxectos de tecnoloxía e moda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada no Campus de Pontevedra unha web con máis de 300 proxectos de tecnoloxía e moda

Redacción
Publicado: 27/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_web_desenho_presentacion.jpgO grupo de investigación DX7, con base de operacións na Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra, vén de presentar un ambicioso proxecto que centra o seu foco no fértil terreño onde se interrelacionan e enriquecen mutuamente o deseño téxtil e a creatividade tecnolóxica. Trátase da web Design & Fashion Future Lab, unha base de datos que xunta nun único acubillo, plenamente accesible, máis de 300 proxectos de fusión entre tecnoloxías e moda. A páxina, posta en marcha ao abeiro dunha iniciativa financiada polo Ministerio de Economía e Competitividade, xorde coa arela de “mapear proxectos desenvolvidos en diferentes países”. Trátase pois dun mapa do mundo que non rexistra países, senón creatividade sen fronteiras.
A web foi dada a coñecer este luns por Lola Dopico, investigadora principal do grupo DX7, e Silvia García, decana da devandita facultade. A cita celebrouse na Casa das Campás e alí fíxose un repaso por algúns dos proxectos acubillados na base de datos, algúns ligados a investigacións académicas e outros ao traballo de deseñadores e firmas en eidos como os biotecidos, wearables ou o desenvolvemento de elementos téxtiles interactivos.
Tamén se deron a coñecer os dous obxectivos principais do proxecto. Por unha banda, promover que os deseñadores e profesionais da moda “empecen a utilizar ferramentas de carácter tecnolóxico e achegalos ao territorio dos wearables, ao concepto de tecnoloxía para vestir”, o que deu pé a “seminarios e laboratorios dos que iremos vendo resultados en vindeiras exposicións”. Polo que respecta ao segundo obxectivo, ten a súa raizame no amplo abano de investigadores e profesionais que fixeron posible o proxecto (especialistas en arte, en cultura dixital, en deseño gráfico, en moda ou en didáctica das artes plásticas, aos que cómpre sumar un amplo elenco de colaboradores: deseñadores, artistas, artesáns e expertos) e na necesidade colectiva de “facer revisión”, de crear unha fronte común e, ao mesmo tempo, de amosar, visualizar e mapear o que fan os compañeiros de profesión a nivel internacional.
uvigo_web_desenho_pontevedra_belas_artes.jpgPolo que respecta a autores e iniciativas concretas rexistradas, hai traballos impulsados por firmas como por exemplo Balenciaga, Louis Vuitton, Chanel ou Prada, xunto con “experiencias moito máis vencelladas á investigación académica”. Todo isto forma o miolo dunha base de datos que, como explicou Dopico, complétase cun “mapa visual, que nos permite facer unha cronoloxía das pezas”. Así, a ferramenta posibilita coñecer tanto “proxectos pioneiros”, como o traballo realizado pola deseñadora Diana Drew na década de 1960, como a expansión que se produciu neste eido na década de 1990, “a través de pezas que xa son históricas como as de Hussein Chalayan”, ata chegar a iniciativas que se desenvolven na actualidade.
Trátase así mesmo, como sinala Dopico, dun proxecto vivo, que irá sumando novas entradas á base de datos. “De momento, séguense cargando diariamente as investigacións que imos atopando, este é un territorio que está en espallamento e polo tanto a ferramenta vai seguir medrando, porque é necesario que así sexa”, salientou a investigadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?