Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada para docentes afondou no uso da tecnoloxía nos procesos de aprendizaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Unha xornada para docentes afondou no uso da tecnoloxía nos procesos de aprendizaxe

Redacción
Publicado: 27/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20170325_escolatac_02.jpgO pasado sábado máis de douscentos docentes citáronse en Compostela para afondar na aplicación das Tecnoloxías de Aprendizaxe e do Coñecemento (TAC) no ámbito educativo, co gallo da cuarta xornada formativa EscolaTAC que organiza o Centro de Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI) e que está dirixida aos docentes de educación Primaria e Secundaria.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deulles a benvida aos participantes neste encontro e cualificou de «crucial» a incorporación da tecnoloxía no ensino e na aprendizaxe en xeral. Nesta liña, sinalou que xornadas coma esta permiten aos docentes aproveitar o potencial de transformación das Tecnoloxías da Aprendizaxe e Coñecemento (TAC) e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), integralas nas aulas e convertelas «nun instrumento capaz de mellorar a intelixencia e potenciar a aventura de aprender».
20170325_escolatac_01.jpgA actividade de EscolaTAC está composta por unha serie de obradoiros nos que abórdase dun xeito práctico e participativo os aspectos tecnolóxicos, pedagóxicos e metodolóxicos máis actuais: a creación audiovisual de pequenas pezas animadas; a robótica en combinación cos teléfonos intelixentes; o traballo por proxectos con tabletas; a creación de comunidades educativas virtuais coa plataforma Agueiro; a experimentación da realidade virtual e a inmersión en mundos creados polos propios participantes; a construción de recursos de aprendizaxe diversos e inclusivos; o enriquecemento de actividades de aula mediante a xeolocalización; o emprego de recursos tecnolóxicos para a atención de alumnos con diversidade funcional; a ludificación nun contexto educativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?