Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A II Lanzadeira de Ourense chega á metade do camiño rexistrando as primeiras insercións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A II Lanzadeira de Ourense chega á metade do camiño rexistrando as primeiras insercións

Redacción
Publicado: 28/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_ourense_lanzadeira.jpgOurense, amais de Arteixo, Lugo, Marín, Redondela e Santiago, tamén ten a súa Lanzadeira de Emprego. Onte sen ir máis lonxe, a palestra laboral da cidade das Burgas chegou ao seu ecuador e os seus impulsores e participantes xuntáronse para facer balance do acadado. Segundo informaron, xa se conseguiron as primeiras insercións no mercado laboral. Como lembraremos, a Lanzadeira de Emprego de Ourense, o igual que as restantes galegas (seis en total, en Santiago, Arteixo, Lugo, Marín e Redondela) e estatais (arredor de 150), veñen da man da Fundación Telefónica e da Fundación Santa María A Real. Trátase dunha iniciativa de formación avanzada e intensiva, moita dela directamente relacionada coas TIC, para tentar salvar os atrancos que impiden a boa parte da nosa poboación nova atopar un posto de traballo.
A Lanzadeira de Emprego de Ourense vai pola súa segunda edición. Esta convocatoria comezou a funcionar en decembro dando acubillo a unha vintena de persoas desempregadas. Na cita de onte, na que concorreron representantes das diferentes entidades promotoras (departindo co equipo de participantes, comprobando a evolución que experimentaron estes ao longo dos tres meses de actividade), fixo acto de presenza o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, que enxalzou as capacidades das alumnas e alumnos e, tamén, o músculo innovador e eficaz das Lanzadeiras para a procura de emprego.
Lida Enrich, responsable directa da xestión da Lanzadeira ourensá explicou ao comezo da visita que o equipo está formado na actualidade por 11 participantes (8 mulleres e 4 homes) con idades comprendidas entre os 19 e os 46 anos. Segundo engadiu, “por fortuna o equipo minguou”, o que significa que se están a cumprir os obxectivos. “É unha gran nova”, sinalou, “porque significa que 9 compañeiros xa atoparon traballo nestes primeiros meses en diferentes sectores, que van dende a mercadotecnia dixital á formación, pasando pola banca e a hostalería.
Pola súa banda, o responsable dos programas de empregabilidade da Fundación Telefónica, Matías Figueroa, destacou que as lanzadeiras son “unha resposta eficaz ao problema do desemprego”.E engadiu: “Unha persoa que entra aquí sae moi distinta a como entrou”. Na súa opinión, “os resultados cuantitativos e cualitativos motívannos a seguir apostando por este proxecto que brinda unha oportunidade de mellorar a empregabilidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?