Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA e o CPETIG confirman a celebración da VII Xornada de Informática Xudicial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A AMTEGA e o CPETIG confirman a celebración da VII Xornada de Informática Xudicial

Redacción
Publicado: 29/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Apertura_Xornadas_Informatica_Xudicial.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata, no que tamén se recolle unha novidade: a celebración do I Congreso de Xestión de Proxectos de Software e a continuidade de accións formativas sobre Seguridade Informática e Scratch. Para posibilitar estas iniciativas a AMTEGA achegará 34.000 euros.

Contidos
  • VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos
  • #SilverBullet17
  • Cursos sobre seguridade informática e Scratch

VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

A celebración da VII edición da Xornada de Informática Xudicial permitirá un ano máis que os profesionais do ámbito xudicial de Galicia (maxistrados, xuíces, avogados, fiscais, etc.) asistan a relatorios de expertos sobre os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos informáticos así como á presentación de casos concretos.
Tal e como vén ocorrendo nas anteriores edicións, estas Xornadas permitirán coñecer de primeira man detalles relacionados coa loita contra os delitos informáticos, no ámbito policial e xudicial, e a evolución que están a seguir.

#SilverBullet17

O acordo entre a AMTEGA e o CPETIG tamén recolle a celebración no mes de maio de #SilverBullet17, a primeira edición do Congreso de Xestión de Proxectos de Software, dirixido a profesionais responsables de proxecto, xefes de área, analistas ou estudantes de últimos cursos de Informática, ao obxecto de fomentar a adquisición de habilidades como a xestión de recursos humanos, a comunicación ou o liderado. A cita contará con relatores de referencia no sector.

Cursos sobre seguridade informática e Scratch

O convenio entre as entidades tamén inclúe a celebración dun curso sobre seguridade informática e normativa, no que se abordará a auditoría do esquema nacional de seguridade, o novo regulamento europeo de protección de datos e o goberno, risco e cumprimento no relativo á seguridade da información.
O CPETIG tamén organizará o III Scratch Day, que nesta convocatoria incluirá a robótica como novidade, posibilitando que os escolares asistentes, de entre 7 e 15 anos, que deben ir acompañados polos seus pais ou nais, poidan programar accións sinxelas a asistir a demostracións prácticas de robótica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?