Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC inmortalizará nas redes os xeitos de vivir e traballar d@s galega@s do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC inmortalizará nas redes os xeitos de vivir e traballar d@s galega@s do rural

Redacción
Publicado: 29/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sinatura_alfonso_blanco_e_alvaro_santos-convenio_2.jpgA Fundación TIC (Deputación de Lugo) anunciou hoxe que vai colaborar a fondo coa Universidade Rural Galega para reivindicar, visualizar e pór en valor a Galicia non urbana, cerna do país e, malia a súa importancia histórica no social e no económico, hoxe en día en risco de declive e despoboamento. Esta aposta pola recuperación das tradicións do noso rural, que terá unha vertente marcadamente tecnolóxico-dixital, materializarase a través do convenio de colaboración asinado este mércores polo patrón da TIC, e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o presidente da URG, Alfonso Blanco Torrado, nun acto celebrado na Casa Habanera de Guitiriz, no que tamén participou a alcaldesa da localidade chairega, Regina Polín.
O patrón da TIC sinalou que “o mundo rural é o piar fundamental da nosa esencia como pobo e debemos traballar entre todos para recuperalo, conservalo e xerar iniciativas innovadoras que asenten poboación”. Para impulsar estes obxectivos, a Fundación gravará entrevistas por toda a provincia a persoas que traballan e viven no rural e, xunto coa Universidade, logo de editalas, publicaranse nas webs da Fundación TIC e das asociacións que integran a Universidade Rural Galega. “Queremos contribuír, deste xeito, a facer visible o labor que están a desenvolver e servir de altofalante a través de produtos audiovisuais”, engadiu Santos.
Lembrar que a URG está composta por unha trintena de asociacións de toda Galicia, aínda que a gran maioría son da provincia de Lugo, onde abrollou a iniciativa. Estas entidades teñen o nexo común da preocupación polo declive que experimenta na actualidade a cultura rural galega, malia as súas importantes contribucións ao presente da nosa terra tal e como a coñecemos. Ademais, teñen en común a súa aposta pola recollida, coidado e preservación de todo patrimonio etnográfico galego e polo desenvolvemento de proxectos reais e innovadores para manter no futuro un mundo rural vivo.
Segundo lembraron hoxe os seus impulsores, a Universidade divide as súas actividades na busca de habitantes do rural distribuídos en tres apartados: Os Sabedores da Cultura, Conservación e Recuperación da Cultura e Proxectos de Desenvolvemento.
Ademais, a URG conta cun fondo documental bibliográfico no que se recollen recursos espallados por domicilios privados e asociacións, entre eles, todo tipo de libros, documentos, soportes musicais, cartafoles de traballo ou bosquexos que non se atopan nas bibliotecas ou na Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?