Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra lanza unha completa axenda en liña con toda a oferta cultural do concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra lanza unha completa axenda en liña con toda a oferta cultural do concello

Redacción
Publicado: 29/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pontevedra_axenda_en_lina-2.jpgO Concello de Pontevedra vén de presentar e pór en marcha unha páxina web para ceibar de atrancos a comunicación coa veciñanza en materia de actividades culturais. Dito doutra maneira: trátase dunha axenda en liña que pretende ser referencial, aglutinadora (con propostas municipais pero tamén dunha manchea de entes privados e públicos) e, sobre todo, cen por cen dispoñible. A páxina axenda.pontevedra.gal será, en palabras do Concello, “o novo referente virtual da vida cultura, festeira e de lecer da cidade”.
O novo espazo virtual artéllase principalmente en catro eixes. Para empezar, un primeiro menú a xeito de resume coa información inicial: categorías, un formulario para engadir eventos, a carteleira comercial de cinema e o espazo Buscapistas, con ligazóns de interese cultural, entre outros recursos. Un segundo menú salienta as categorías (exposicións, escena, nenos, programación municipal, música, etc). A isto cómpre engadir os slides que amosan espectáculos ou eventos que poidan ser de interese para o cidadán-internauta e, logo, o cuarto eixe propiamente dito está configurado polas seccións de carteleira propiamente dita, onde se exhiben os eventos que se desenvolven en longos períodos e os que se celebran un día concreto (son as seccións Hoxe e en adiante e E tamén).
O obxectivo desta completa axenda en liña, en palabras do Concello, é “que os veciños e veciñas dispoñan dun lugar único no que consultar a programación e os recursos culturais que ten a cidade, xa que no apartado Buscapistas o usuario ten diante súa unha morea de ligazóns ás entidades, empresas ou espazos de interese cultural”. O Concello tamén informou de que en datas vindeiras engadirase unha conexión coa páxina Centros Sociais, arestora en desenvolvemento e dirixida a permitirnos “circular” polos máis de 30 centros sociais e culturais pontevedreses de base, e obter referencias actualizadas de todas as súas actividades, emprazamentos, asociacións, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?