Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega metodoloxías de comunicación cliente-provedor para garantir o éxito de proxectos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega metodoloxías de comunicación cliente-provedor para garantir o éxito de proxectos TIC

Redacción
Publicado: 29/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

exito_proxectos.jpgVitae Consultores, no seu camiño de axudar a que os nosos profesionais TIC sexan aínda máis TIC, impulsou estes días unha nova actividade formativa directamente encamiñada a optimizar o diálogo entre usuarios e avaliadores na captura de requirimentos. O obradoiro Técnicas e habilidades humanas na investigación, captura e análises de requisitos estase a impartir este mes de marzo. A súa orixe, a súa razón de ser, están na propia evolución das novas tecnoloxías, un devir no tempo (unha perspectiva) que nos serve para ver os porqués do fracaso dos proxectos de servizos TIC que remataron en fracaso. Segundo explica Vitae, boa parte desas iniciativas que non chegaron a bo porto fallaban nunha pouco axeitada identificación e xestión dos requisitos.
En palabras da consultora galega, un dos principais desafíos da enxeñaría de software e sistemas é conseguir que o analista entenda a fondo os problemas e necesidades do negocio, e acadar que os resultados comprendan como a solución proposta polo analista resolverá estas necesidades. Para atallar esta problemática xurdiu precisamente o devandito obradoiro de Vitae, que se está a desenvolver este mes de marzo nunha das consultoras galegas máis referenciais, con máis de 800 empregados e con sede en Santiago de Compostela.
Con este curso, sinala Vitae, “preténdese fornecer as pautas metodolóxicas para facer unha investigación eficaz das necesidades dos usuarios, mostrando unha metodoloxía baseada na integración de habilidades técnicas, habilidades interpersoais e actitudes para conseguir a correcta identificación de requisitos e que se alcance o acordo desexado e consciente, entre cliente e provedor, sobre o sistema ou servizo a desenvolver”.
O programa está dirixido a analistas de negocio e funcionais, xefes de proxecto, enxeñeiros de desenvolvemento e interlocutores con TI en áreas de negocio. “O que queremos”, engaden os formadores de Vitae, “é conseguir unha visión de equipo entre cliente e provedor que conduza ao éxito do proxecto”.
Por outro lado, lembrar que prosegue a liña estratéxica da consultora tecnolóxica galega na súa misión de ampliar a formación dos nosos profesionais no sector TI. Vitae, ao fío disto, está a preparar novos proxectos e obradoiros centrados tanto na área tecnolóxica como humana:
· Curso de avaliación e selección avanzada de perfís TI (e non TI) baseada en neurociencia, 6ª Edición.
· Curso de Agile Tester Foundation.
· Curso de experiencia de usuario e usabilidade en proxectos web.
· Protocolos ante ciberataques e incidentes en seguridade TI.
· Xestión multiproyecto: onde as metodoloxías preditivas e áxiles non chegan.
· Curso en dirección e xestión de proxectos TI Áxiles con SCRUM, 18ª edición.
· Curso de Angular 2.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?