Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA e o CPEIG argallan unha wiki sobre a informática galega e unha xornada sobre as vantaxes laborais das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA e o CPEIG argallan unha wiki sobre a informática galega e unha xornada sobre as vantaxes laborais das TIC

Redacción
Publicado: 30/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160229_amtega_cpeig_01.jpgSobre as vantaxes achegadas pola transformación dixital falarase na xornada organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A colaboración xurdida entre as dúas entidades, que vén de antigo, atinxirá agora varias vertentes: a creación dunha wiki sobre a Historia da Informática en Galicia; a celebración dun ciclo de xornadas sobre os perfís dixitais saídos das novas tendencias tecnolóxicas e a achega de formación especializada en TIC para empregados públicos, estudantes e familias. Así o sinalaban Mar Pereira (directora da AMTEGA) e Fernando Suárez (presidente do CPEIG) no acordo asinado por ambos.
Máis polo miúdo, celebrarase unha Xornada sobre Transformación Dixital e Talento, que dará as claves do sector tecnolóxico, expoñendo as habilidades (softskills e hardskills) para achegar valor en todos os ámbitos da transformación dixital. Este encontro está pensado para profesionais e mocidade que busque formarse neste sector; tamén, para centros formativos que queiran dar a coñecer a súa oferta educativa no eido da economía dixital; e para empresas que achegarán a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC.
Asemade, o acordo asinado dará paso á creación dunha wiki sobre a Historia da Informática de Galicia que recolla o testemuño dos protagonistas na Comunidade, fotografías, vídeos e gravacións coa finalidade de ter un espazo na rede para amosar os contidos existentes e dar continuidade á recompilación de información de cara á súa conservación.
Haberá tamén lugar para a celebración de varias actividades no marco do programa Rapaciñ@s, unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxías, cunha sesión informativa para pais e nais e actividades lúdicas para os máis pequenos. A esta actividade engadiranse 20 charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia encamiñadas ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos seus fillos coa Rede (beneficios e riscos da tecnoloxía, recomendacións sobre o uso seguro dos diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que organismos poden acudir en caso de dúbida…).
E se falamos de economía dixital, o CPEIG e a AMTEGA levarán adiante cinco xornadas formativas en distintas localidades galegas, dirixidas a estudantes de Bacharelato e ás súas familias, sobre as saídas profesionais da Enxeñaría en Informática.
Por último, dicir que o CPEIG impartirá seis cursos prácticos en liña e presenciais para facilitar a adaptación dos empregados públicos ao novo contexto dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?