Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntanse en Mondariz as posibilidades de transformación dixital de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntanse en Mondariz as posibilidades de transformación dixital de SmartPEME

Redacción
Publicado: 30/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme_deputacion_pontevedra_presentacion_mondariz.jpgO programa SmartPEME, a iniciativa da Deputación de Pontevedra para encher a provincia (dende os centros de operacións SmartPEME de Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo) de accións formativas TIC ao servizo do tecido produtivo dos concellos, presentouse este mércores en Mondariz. No acto participou o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e tamén representantes do sector empresarial (autónomos, PEME, emprendedores, profesionais) do devandito concello pontevedrés e das comarcas do Condado e da Paradanta. Javier Dios lembroulles que a través de SmartPEME teñen ao seu dispor todo tipo de actividades e servizos tecnolóxico-dixitais para mellorar a súa actividade diaria, dende obradoiros sobre ferramentas para favorecer a promoción ata recursos para optimizar a comunicación con clientes e mailas vendas. A xornada tivo lugar na Biblioteca de Mondariz e tamén contou coa asistencia do seu alcalde, Xoán Carlos Bugarín.
Segundo informou Dios nun plano máis detallado, o proxecto SmartPEME é “un novo modelo de servizo orientado á potenciación do desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra, que busca a mellora competitiva das PEME e persoas emprendedoras e autónomas e unha meirande optimización nas vendas, na eficacia e na eficiencia das súas tarefas, a través do mellor aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación”. Igualmente, lembrou que dende a súa creación (tendo como orixe a arela do actual Goberno da Deputación de facer “máis útil, axustada, integradora e participativa” a antiga rede CPAE 2.0), SmartPEME abriuse a novos eidos de actuación e abrangueu “novos grupos de interese”, como son os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O deputado provincial Javier Dios tamén asegurou que SmartPEME é unha rede de asesores e asesoras cualificadas nas TIC, “que se poñen á disposición do noso tecido empresarial para fornecer servizos de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira totalmente gratuíta”.
Javier Dios, ademais, recordou aos asistentes ao acto desenvolvido na Biblioteca de Mondariz que “terán a posibilidade, hoxe mesmo, de recibir un asesoramento personalizado do persoal técnico do proxecto SmartPEME da institución provincial”. Este asesoramento e este apoio, sinalou, baséase en piares como “a incorporación dunha estratexia personalizada para cada caso individual, ademais da especialización de cada unha das oficinas segundo os sectores máis implantados no tecido empresarial de cada territorio”. Con todo, tamén fixo saber que os asesores e asesoras do programa da Deputación tamén fornecen estes servizos a todas as persoas que acudan a outra das oficinas nas que esa área concreta non sexa a súa especialidade, establecendo polo tanto un servizo centralizado e en constante contacto entre os diversos puntos e oficinas da rede.
Dios engadiu que a oficina de referencia para as comarcas do Condado e A Paradanta atópase en Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, e que en toda a rede SmartPEME no seu conxunto estanse achegando obradoiros temáticos adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial en función das necesidades das áreas de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a persoas emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pequenas e medianas empresas e carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?