Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha ducia de firmas TIC da nosa terra amosaron as súas oportunidades laborais perante o alumnado da ESEI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha ducia de firmas TIC da nosa terra amosaron as súas oportunidades laborais perante o alumnado da ESEI

Redacción
Publicado: 30/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esei_informatica_foro_emprego_alumnos.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense acolleu este xoves a segunda edición do seu Foro de Emprego, unha actividade que ten como obxectivo amosar ante o alumnado, ao detalle, as oportunidades laborais que lles ofrece a súa contorna. Para acadar este reto, a cita puxo en contacto, unha vez máis, a empresas do sector TIC con presenza en Ourense (cidade e provincia), por unha banda, con estudantes e profesores do grao de Enxeñaría Informática, pola outra.
A sesión comezou cunha xeira de presentacións nas que representantes das firmas que participaron nesta edición do foro (Bahía Software, Balidea, Everis, Hotusa, ViewNext, Plexus, Imatia, Redegal, Sociedad Lonia Textil, Coremain e Arbentia), deron a coñecer a medio cento de estudantes as súas actividades e, tamén, as oportunidades que lles fornecen en materia de emprego.
uvigo_esei_informatica_foro_emprego.jpgSegundo explicou Enrique Barreiro, docente da ESEI e membro da organización deste foro, a día de hoxe “hai unha demanda moi importante de titulados en Enxeñaría Informática” en xeral e tamén na contorna de Ourense, onde, apuntou, estanse a instalar empresas que precisan destes profesionais. Na súa opinión, o foro puxo unha vez máis de manifesto que máis que o alumnado buscar prácticas e emprego “son as empresas as que puxan por atopar titulados neste eido”. Alén destas presentacións, o foro ofreceu aos estudantes a oportunidade de ter entrevistas individualizadas cos representantes das empresas que especificamente lles eran de interese.
Novas tecnoloxías para a equidade de xénero
Alén deste Foro de Emprego, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense celebra este xoves unha segunda actividade pública. Dentro do ciclo de conferencias #TalentoESEI, organizado con motivo da conmemoración do 25 aniversario do centro, ten lugar ás 20.30 h no Centro Cultural Marcos Valcárcel a conferencia TIC: Ferramenta clave para a equidade de xénero. Nela participarán Marina Alonso, coordinadora de proxectos de desenvolvemento de software e de equipamento informático de grandes contas de Marka Informática; Josefina Alonso, responsable da área de calidade e seguridade funcional da división de electrónica, HMI e sistemas ITS do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e Susana Gómez, socia fundadora de Origami Soluciones. Logo celegrarase unha mesa redonda moderada por Encarnación González, profesora titular de ESEI. A sesión está organizada en colaboración co Foro La Región e é aberta ao público interesado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?